Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Phytophthora pseudosyringae

  PRESENZA DE Phytophthora pseudosyringae EN GALICIA SOBRE CASTIÑEIRO



Cítase unha nova especie de Phytophthora identificada morfolóxica, fisiolóxica e molecularmente, por primeira vez sobre Castiñeiro en España: Phytophthora pseudosyringae (Plant disease, 91(11): 1517).


Os síntomas en castiñeiro maniféstanse ao longo do talo, que presenta zonas necróticas, de cor negra violácea, lixeiramente deprimidas que, nalgúns casos, conflúen e dan lugar a necroses máis extensas. Prodúcense desecado de xemas e gromos cando estes coinciden coas zonas necrosadas.


En Europa, P. pseudosyringae, non foi identificada sobre castiñeiro, con todo foi descrita en solos forestais onde crecían diferentes especies de Quercus e tamén se illou nas raíces necróticas e na base do talo de Fagus sylvatica e Alnus glutinosa e identificouse, ata a data, en Italia, Francia e Alemaña. En EUA illouse en Umbellularia californica e Quercus agrifolia (EPPO Report 2005/162).


Síntomas en castiñeiro
Síntomas en castiñeiro
  Danos en talo
Danos en talo
     
MORFOLOXÍA DE P. PSEUDOSYRINGAE
 
Esporanxios semipapilados
Esporanxios semipapilados
Hyphal swellings esféricas en cadea
Hyphal swellings esféricas en cadea
     
Oogonio con anteridio paráxino
Oogonio con anteridio paráxino
Oosporas Abortadas
Oosporas abortadas