Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

30/04/2009

VIÑA
Mildeu:Ver Fotos

Esta semana atopamos a primeira mancha de aceite nunha das nosas parcelas de seguimento do Salnés. En principio, xa todos os viñedos deberían ter recibido un primeiro tratamento fronte a esta enfermidade, pero no caso de non ser así, recoméndase que se aplique, posto que a previsión meteorolóxica anuncia ascenso de temperaturas e é de esperar que se xeneralice a aparición de manchas.

Oidio:Ver Fotos

Non é necesario iniciar aínda os tratamentos, xa que é pronto para que aparezan síntomas

Trazas:Ver Fotos

Seguimos tendo un número bastante elevado de capturas (ata 83 machos) de Lobesia botrana nas trampas, pero aínda non se viron os primeiros glomérulos. Non é necesaria a aplicación de ningún tratamento insecticida no viñedo.

KIWI
Bacterias:

Dada a climatoloxía desta primavera e a presenza confirmada de bacterias causantes do murchado do botón floral (Pseudomonas syringae e P. viridiflava), en varias mostras recibidas na Estación, recórdase a recomendación de aplicar un tratamento cun produto cúprico.

CAMELIA
Chloropulvinaria floccifera:

En plantas de camelia de varias zonas da provincia están a aparecer de forma xeneralizada estados ninfais desta cochinilla. Nalgún caso tamén se viron as primeiras femias. Débese aplicar un tratamento insecticida antes da posta de ovos.