Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

29/05/2009

VIÑA Estado fenoloxía: Botóns florais separados - Floración
Mildeu:Ver Fotos

En xeral non se atoparon novas manchas de aceite nas parcelas sometidas a tratamento pero si nas plantas que se manteñen sen tratar a xeito de control (tamén apareceron nunha parcela onde o último tratamento aplicouse o 14 de maio). Isto significa que houbo condicións favorables á infección secundaria, motivo polo que cómpre vixiar a potencial aparición de síntomas, a pesar do tempo soleado e caloroso destes días.

Oídio:Ver Fotos

Uncinula necator - Micelio do fungoAínda non atopamos síntomas desta enfermidade pero débese incrementar a vixilancia xa que nos aproximamos ás datas en que é habitual a aparición de síntomas na zona.




Trazas:Ver Fotos

Glomérulos de Lobesia botranaNesta semana os niveis de capturas de machos nas trampas mantivéronse baixos. Aínda así, atopamos o primeiro glomérulo, pero non é necesario tratar.





Ácaros:Ver Fotos

Continúan sen aparecer síntomas nin poboacións de ácaros, tanto nas nosas parcelas de seguimento como nas mostras recibidas na Estación. Non é necesario tratar, pero dadas as condicións ambientais cómpre vixiar a posible aparición destas pragas.

MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

As plantas control que se manteñen sen tratamento mostran novos síntomas da enfermidade. As condicións cálidas da noite unidas á presenza de orballos favorecen a súa aparición. Recoméndase renovar os tratamentos se está próximo a concluír o período de protección da intervención anterior.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Carpocapsa pomonella - Síntoma do ataque de larva (penetración) en froitoNalgunhas das nosas parcelas de seguimento superouse amplamente o limiar de tolerancia. Cómpre tratar (aínda que exista a protección dun anterior tratamento) para evitar danos ao froito.




VARIOS CULTIVOS E DIVERSAS ESPECIES FORESTAIS
Pulgóns :
Colonia de pulgón en PopulusColonia de pulgón en cerdeiraNesta primavera estamos a observar repetidamente a presenza de colonias de diferentes pulgóns tanto sobre cultivos agrícolas (cítricos, froiteiras de óso e pebida) como sobre algunhas especies forestais (chopos, carballos, etc.).

Os síntomas da súa presenza son moi evidentes nalgúns casos e convén efectuar un tratamento con insecticidas rexistrados no caso de que se observen.