Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

19/06/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Callado - Gran tamaño chícharo
Mildeu:Ver Fotos

As néboas locais e a humidade nocturna dos días pasados favoreceron a aparición esporádica de manchas de aceite nas plantas que se manteñen sen tratamento, e tamén os primeiros síntomas nalgún acio. Non obstante, nas nosas parcelas de seguimento non se observan novos síntomas, salvo en Tremoedo onde, a pesares de realizaren unha intervención o xoves 11, están a xurdir novas manchas illadas. Esta situación redunda na necesidade de vixiar moi ben a evolución da enfermidade aínda que as plantas estean dentro do período de protección teórico da intervención anterior.

Oidio:Ver Fotos

Non se observan novos síntomas, nin sequera nas plantas sen protección ningunha dende o inicio de campaña. Aínda así, a uva está dentro do período de máxima sensibilidade á enfermidade, polo que se debe manter a vixilancia.


Trazas:Ver Fotos

Nesta semana, a máxima cifra de capturas nas trampas de feromona foi de sete machos (o máis normal foi a ausencia de capturas). Nestes momentos, é máis sinxelo observar os glomérulos sobre os acios, pero case non se atopan. Non é necesario tratar.




Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Apenas téñense capturas destes insectos nas trampas engomadas colocadas nas parcelas de seguimento. Non é necesario tratar





Ácaros:Ver Fotos

Novamente apareceron formas móbiles de araña vermella Panonychus ulmi en mostras recibidas da comarca do Salnés. Porén, as porcentaxes de ocupación son sensiblemente baixos, polo que non é necesario tratar.

MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Non apareceron novos síntomas desta enfermidade. Non obstante, as infeccións por este patóxeno aínda poden afectar ao froito, polo que se non se efectúa un seguimento específico é conveniente manter a protección das plantas.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Nesta semana superouse o limiar de tolerancia, por capturas de adultos en trampas, en todas as parcelas de seguimento. Cómpre tratar, sobre todo se xa concluíu o período de protección do tratamento anterior.





CASTIÑEIRO
Pammene fasciana:Ver Fotos

Incrementouse, fronte á semana anterior, a cifra de capturas nas trampas de feromonas (8 machos).