Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

25/06/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Callado - Grans tamaño chícharo
Mildeu:Ver Fotos

Observouse en todas as comarcas unha manifestación da enfermidade como non se vira ata o momento na campaña: as plantas sen tratamento presentan síntomas abundantes (tamén en acio) e mesmo en viñas tratadas recentemente apareceron novas manchas. Volvemos insistir en que cómpre vixiar as plantas aínda que estean dentro do período de protección teórico da intervención anterior e tratar inmediatamente para evitar o avance da enfermidade no caso de que aparezan síntomas.

Oidio:Ver Fotos

Continúan sen observarse novos síntomas. Aínda así, débese manter a vixilancia.


Trazas:Ver Fotos

Nalgunhas das nosas parcelas de seguimento incrementáronse sensiblemente as capturas de Lobesia botrana (e tamén de Eupoecilia ambigüella nun terreo). Esta situación, xunto coa práctica ausencia de capturas nas últimas semanas, alude a que se está a iniciar o voo da segunda xeración, que xa pode causar serios danos. Polo momento non é necesario tratar, pero si incrementar a vixilancia.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Continuamos a ter poucas capturas nas trampas. Non é necesario tratar.


Ácaros:Ver Fotos

Non atopamos máis signos do ataque de araña vermella (tampouco do eriófido causante da acariose), nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na Estación. Malia este feito, débese manter a vixilancia.


MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoMalia as elevadas temperaturas dos días pasados, boa parte das noites houbo humidade foliar, o que favoreceu a aparición de novas manchas da enfermidade. Cómpre tratar.



Cydia pomonella:Ver Fotos

Volveuse a reducir o número de capturas nas trampas nas nosas parcelas de seguimento. Porén, atopámonos nun período no que poden penetrar as larvas nos froitos, polo que se non se realiza un seguimento específico aconséllase manter as plantas protexidas.


Araña vermella:Ver Fotos

Tanto nas nosas parcelas de seguimento como en mostras recibidas na Estación apareceron poboacións deste ácaro, debido sen dúbida a unhas condicións climáticas favorables. Se se observa o aspecto bronceado da vexetación que caracteriza os ataques desta praga, é necesario tratar.

MILLO
Vermes de arame:

En varias comarcas de Galicia estanse a observar os efectos do ataque destes coleópteros sobre as plantas en crecemento. En caso de confirmarse a súa presenza, débese aplicar clorpirifos 25 e 48% en pulverización, materia activa rexistrada polo Ministerio para controlar estes insectos unha vez instaladas as plantas.