Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

06/08/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Cora (inicio)
Mildeu:Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Gromo con manchas en follas tenras.A partir destes momentos será habitual observar manchas de aceite nos gromos terminais, en especial se, como este ano, se repiten constantemente condicións favorables ao desenvolvemento do fungo. Esta situación observámola xa nesta semana, non só nas nosas parcelas de seguimento senón tamén en boa parte dos viñedos de todas as comarcas. O nivel de risco non é tan elevado como noutros momentos dado o inicio da cora, pero convén non descoidar a vixilancia para evitar potenciais defoliacións (xa observadas nas plantas que non recibiron tratamentos).


Oidio:Ver Fotos

Oídio en acio de variedade tintaUnicamente observáronse síntomas en plantas de variedades tintas e naquelas que non foron tratadas en toda a campaña.






Botrite: Ver Fotos

Acio ao inicio da cora con presenza de botriteObserváronse nesta semana algúns grans afectados por botrite (e tamén por podremia ácida). A orixe das infeccións está sen dúbida na combinación de feridas ou fendas na uva coas condicións de clima húmido e cálido destes días. Consecuentemente, naquelas viñas en que exista algún tipo de dano en acio débese aplicar inmediatamente un tratamento dirixido aos acios.


Trazas:Ver Fotos

Continuamos con niveis moi baixos de capturas nas trampas aínda que se incrementou lixeiramente o número de penetracións larvarias atopadas.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusCicadélidos recollidos en trampa cromáticaNo aviso anterior anunciabamos que posiblemente aparecerían os primeiros adultos de Scaphoideus titanus nestas datas e efectivamente así foi nunha parcela do Condado, onde capturamos o primeiro adulto nas trampas. Por outra banda, nalgunhas parcelas incrementouse sensiblemente (mesmo superando o limiar de tolerancia) a presenza doutros cicadélidos como o mosquito verde ou Zygina rhamni, polo que é aconsellable realizar un tratamento insecticida para o control das súas poboacións.


Ácaros:Ver Fotos

Viña con bronceado característico do ataque de ácaros Tanto nas mostras recibidas na Estación como nas follas procedentes de parte das nosas parcelas de seguimento do Salnés observamos poboacións de ácaros que alcanzan niveis importantes, suficientes para xustificar a realización dun tratamento. Pero como sempre indicamos, non se deben realizar intervencións acaricidas sen confirmar a súa presenza. Aínda así, no caso de ter que intervir fronte a ácaros e a cicadélidos, pódense elixir materias activas con actividade fronte a ambos os dous tipos de praga..


MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Non observamos novos síntomas en ningunha das nosas parcelas de seguimento, pero débese recordar que o risco de infección permanece ata o final da campaña.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Nesta semana sí tivemos capturas de adultos nas trampas, pero non en todas as parcelas e sempre en cifras moi baixas.


Pulgón Laníxero:Ver Fotos

Eriosoma lanigerum - Pulgón Laníxero parasitadoCoas temperaturas máis elevadas desta semana incrementouse o nivel de parasitismo por Aphelinus mali, polo que non se debe tratar con insecticidas se se observa a actividade do parasitoide.





Araña vermella:Ver Fotos

Nalgunhas comarcas empezan a observarse novamente formas móbiles deste ácaro sobre os novos gromos. Porén, antes de tratar débese confirmar a súa presenza.


Outros:

Síntomas de Monilia sp en maceira. Observe o crecemento do fungo en círculos concéntricosNas variedades en fase de maduración débese retirar a froita con podremias e a caída ao chan, pois sobre ela se pode instalar con facilidade monilia ou botrite baixo as condicións de clima húmido que se rexistran.