Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

04/06/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Floración – Callado
Mildeu: Ver Fotos

Non vimos síntomas da enfermidade nesta semana en ningunha das nosas parcelas de seguimento, nin sequera nas plantas que se manteñen sen tratamento ningún a xeito de control, onde mesmo a esporulación observada aparece controlada, con toda probabilidade polas temperaturas superiores a 30ºC de días pasados. Segundo a previsión meteorolóxica, para a próxima semana espérase un empeoramento do tempo con elevada probabilidade de precipitacións a partir do martes día 8, por iso recoméndase incrementar a vixilancia e tratar inmediatamente en caso de que aparezan novos síntomas.

Botrite: Ver Fotos

Unión de grans con capuchóns florais adheridos por chuvias No aviso anterior anunciabamos que as feridas causadas pola separación dos capuchóns florais, e/ou a acumulación destes en momentos húmidos, poderían dar paso a infeccións por botrite. Pois ben, a ausencia de chuvias e orballos nestes días unida ás elevadas temperaturas que se rexistraron, non favoreceron a súa aparición. Aínda así, e como permanece a situación de risco, recoméndase non descoidar a vixilancia.


Trazas: Ver Fotos

Glomérulo da primeira xeración de trazasAs cifras de capturas nesta semana mantivéronse en niveis similares ou inferiores aos da semana anterior. Porén, están a aparecer os primeiros glomérulos, aínda que de momento en niveis baixos.




Altica:Ver Fotos

Larvas de Altica quercetorum en folla de viñaNa parcela de seguimento do Condado vimos novamente, nesta semana, postas recentes de Altica quercetorum e tamén larvas alimentándose das follas.





Ácaros:

Segundo observamos en numerosas mostras recibidas na Estación, moitos dos síntomas que se están a asignar á presenza de ácaros realmente non o son, senón que máis ben se trata de fisiopatías debidas aos cambios constantes na meteoroloxía, entre outras causas. De feito, en ningunha daquelas mostras se atoparon individuos. Insistimos unha vez máis en que non é conveniente aplicar tratamentos acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros, pois poden prexudicar seriamente aos ácaros útiles fitoseidos, os cales poden regular de forma natural as poboacións nocivas.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Non atopamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento, pero recoméndase non descoidar a vixilancia, especialmente se, como se prevé, se rexistran precipitacións a próxima semana.

Pulgóns:

Gromo de maceira con colonia de pulgón laníxeroPolo momento case non se observan colonias de pulgón laníxero parasitado. Porén, se a presenza deste pulgón non é moi elevada, cómpre non aplicar ningún tratamento inmediatamente, á espera de que se incremente o nivel de parasitismo por Aphelinus mali.




Cydia pomonella: Ver Fotos

No caso de non aplicar o tratamento recomendado no aviso precedente, recoméndase que se aplique o antes posible, pois a semana anterior se alcanzara o limiar de tolerancia en máis dunha bisbarra. Nas nosas parcelas de seguimento tratouse e reduciuse o albor.

PEREIRA
Torcegromos: Ver Fotos

Síntomas de Janus compressus en gromos de pereiraPuntiños helicoidais da posta de Janus compressusEstanse a observar en numerosas zonas algúns gromos secos de pereira na súa zona distal debidos á presenza de Janus compressus. En xeral non é necesario intervir fronte a esta praga máis que no caso de viveiros ou plantacións novas.


EVÓNIMO
Cochinilla do evónimo: Ver Fotos

Sebe de Euonymus fortemente atacado por Unaspis euonymiFemias de Unaspis euonymi en gromo de EuonymusMachos de Unaspis euonymi en follas e gromosNalgunhas sebes e plantas illadas estanse a detectar danos debido á presenza de cochinillas da especie Unaspis euonymi. No caso de atoparse, recoméndase aplicar un tratamento cun insecticida recomendado sobre este cultivo, tendo en conta que se trata dun insecto de moi difícil control (normalmente deben acompañarse as intervencións cun cepillado dos gromos).