Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

11/06/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Floración - Callado
Mildeu: Ver Fotos

Manchas de aceite con zona de avanceCumpríronse as condicións para que se produza unha nova infección secundaria por mildeu debido ás chuvias e ás temperaturas suaves desta semana (aínda que houbese un descenso termométrico evidente, os rexistros foron suficientes para a infección). Cómpre tratar o antes posible, tendo en conta que as uvas recén formadas se atopan aínda nun período de máxima sensibilidade á enfermidade. Ademais, haberá que considerar que de ter empregado funxicidas de contacto nun tratamento anterior se terán lavado polas chuvias, e tamén os penetrantes ou sistémicos terán reducido a súa persistencia.

Oidio: Ver Fotos

Uncinula necator - Micelio do fungoPolo momento aínda non apareceron os primeiros síntomas, pero considerando o historial de anos anteriores, estase a achegar o momento en que se observarán os primeiros signos da enfermidade. É necesario incrementar a vixilancia.




Botrite: Ver Fotos

Unión de grans con capuchóns florais adheridos por chuviasNaqueles terreos co estado fenolóxico máis atrasado aínda observamos acios en floración e outros cos capuchóns florais adheridos. As chuvias acaecidas na semana dificultan a súa liberación e poden favorecer sensiblemente a aparición do fungo, polo que se recomenda extremar a vixilancia e tratar naquelas variedades que son especialmente sensibles ao patóxeno.



Trazas: Ver Fotos

Glomérulo da primeira xeración de trazasReducíronse sensiblemente as capturas de machos nas trampas de feromonas, pero incrementouse o número de glomérulos.





Cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Larva de CicadélidoAs capturas, en trampas cromáticas amarelas, de mosquito verde e de Zygina rhamni están a ser reducidas nas nosas parcelas de seguimento. Non obstante, de cara á semana próxima prevese unha melloría do tempo con ascenso das temperaturas, polo que se espera que sufran algún incremento.




Altica:Ver Fotos

Larvas de Altica quercetorum en folla de viñaNon vimos máis postas de Altica quercetorum na nosa parcela de seguimento do Condado, onde as larvas continúan alimentándose das follas.





Ácaros:

Continúan sen aparecer síntomas de ácaros nas nosas parcelas de seguimento, e tampouco observamos individuos nas mostras que cada semana recibimos na Estación. Non tratar de momento fronte a estes artrópodos (a menos que estea confirmada a súa presenza).

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Mancha incipiente de moteado da maceiraDebido ás condicións ambientais destes días, as posibilidades de que se manifeste novamente a enfermidade son moi elevadas, polo que se aconsella aplicar un tratamento en canto cesen as precipitacións.





Pulgóns:

Gromo de maceira con colonia de pulgón laníxeroPolo momento case non se observan colonias de pulgón laníxero parasitado. Porén, se a presenza deste pulgón non é moi elevada, é conveniente non aplicar ningún tratamento inmediatamente, á espera de que se incremente o nivel de parasitismo por Aphelinus mali.




Cydia pomonella: Ver Fotos

Unicamente capturamos un adulto nas trampas de feromonas instaladas nas nosas parcelas de seguimento. En calquera caso, hai que ter en conta que as poboacións deste tortrícido poden ser moi diferentes segundo as parcelas, polo que se non se dispón de trampas é necesario manter as plantas protexidas.

PEREIRA
Torcegromos: Ver Fotos

Síntomas de Janus compressus en gromos de pereiraPuntiños helicoidais da posta de Janus compressusEstanse a observar en numerosas zonas algúns gromos secos de pereira na súa zona distal debidos á presenza de Janus compressus. En xeral non é necesario intervir fronte a esta praga máis que no caso de viveiros ou plantacións novas.



TOMATEIRA
Tuta absoluta: Ver Fotos

Adulto de Tuta absolutaCapturas de Tuta absoluta na base da trampa de feromonasNalgúns invernadoiros estanse a empezar a capturar nas trampas de feromonas cifras importantes da traza do tomate Tuta absoluta. Trátase dun lepidóptero geléchido detectado en 2009 en Galicia cuxas eirugas efectúan minas nas follas (tamén en talos e froitos cando as poboacións son máis elevadas) e que poden reducir a calidade e cantidade de colleita. Naqueles invernadoiros onde se observe a sintomatoloxía característica desta especie cómpre aplicar un tratamento cun insecticida rexistrado para este uso.