|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
25/06/2010
VIÑA Estado fenolóxico: Grans
tamaño chícharo |
Mildeu:
|
Nas
nosas parcelas de seguimento atopamos síntomas illados da enfermidade en
dúas parcelas, pero abundantes manchas incipientes e acios afectados nas
plantas que mantemos sen tratamentos na campaña. Por outro lado, no
día de hoxe (25 de xuño) estamos a recibir numerosas consultas
sobre a aparición repentina de síntomas en todas as
bisbarras, co que parece que a situación é bastante
xeneralizada. É necesario tratar o antes posible.
Ao
terse alcanzado xa o estado de "grans tamaño chícharo",
pódese intervir xa con produtos a base de cobre formulado cun penetrante
-cimoxanilo ou dimetomorf-.
|
Oidio:
|
Como referimos no aviso do pasado mércores 23 de
xuño, detectáronse os primeiros acios con presenza de oidio (polo
tanto en datas similares ás de anos anteriores). Ademais, nas consultas
que estamos a recibir tamén estannos a comentar a aparición de
acios con presenza do fungo en todas as bisbarras, co que é necesario
tratar se non se fixo xa.
|
Trazas:
|
Continúan a ser baixos os niveis de capturas de adultos
de trazas nas trampas de feromonas, e tamén a presenza de
glomérulos é reducida. Polo momento non é necesario
tratar
|
Cicadélidos : |
Observouse un lixeiro incremento no número de
cicadélidos capturados nas trampas. Incrementar a vixilancia, tendo en
conta que seguramente continúen incrementándose as
poboacións.
|
Acariose: |
Como indicamos no aviso do pasado día 23, vimos nesta
semana máis dunha parcela do Salnés con presenza de
Calepitrimerus vitis en número que supera o limiar de
tratamento e que tamén presentan síntomas. Cómpre
confirmar a presenza deste ácaro antes de tomar calquera medida, e
tratar en caso afirmativo.
|
Enfermidades da madeira: |
Coa suba de temperaturas dos últimos días, estanse
a empezar a manifestar nalgunhas plantas síntomas que apuntan a
enfermidades da madeira. Como indicamos todos os anos, cómpre ir
marcando estas plantas para actuar no momento segundo as recomendacións
que proporcionaremos para este tipo de plantas.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Coa humidade foliar que se está a rexistrar dende a noite
do día 23, o risco de infección é moi elevado.
Cómpre tratar
|
Cydia
pomonella:
|
Naquelas
parcelas en que se aplicou o tratamento recomendado no aviso do pasado venres
reduciuse o nivel de capturas, pero non así naquelas nas que non se
aplicou. Recórdase que cómpre manter as plantas
protexidas.
|
PIÑEIRO |
Monochamus galloprovincialis:
|
Estamos a
recoller nestes días os primeiros adultos nas trampas de embudes que
temos instaladas nas masas de Pinus pinaster.
|
|