Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

05/07/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio
Mildeu: Ver Fotos

Vista parcial da planta con diferente afectacion por mildeuAcios de cepa catalán con forte ataque de mildeuAcio con mildeu larvar en fase de curaciónEsporulacion viable en acio de albariñoNo día de hoxe realizamos unha revisión de viñedos pola bisbarra do Salnés co fin de comprobar a incidencia e situación actual dos danos producidos polo brote de mera que se manifestou hai uns dez días. A situación que encontramos é moi variable segundo os terreos, con parcelas fortemente danadas (perdas do 80 ao 95%, mesmo en plantas de cepas catalán), outras nunha situación intermedia (do 5 ao 30% de acios afectados) e outras sas na súa totalidade. Non obstante, practicamente coincide en todas as parcelas con ataque o feito de que aínda se encontra esporulación viable, xa sexa en follas ou en acios, co que se insiste unha vez máis na necesidade de confirmar a eficacia das intervencións realizadas e renovalas se non se observa claramente que os síntomas remiten.

Oidio: Ver Fotos

Oídio en acio de variedade tintaA situación que encontramos no relativo a esta enfermidade é similar á referida para a mera no que a presenza de esporas viables se refire, especialmente en variedades tintas, onde xa se observan rachados da uva a consecuencia do ataque. Consecuentemente, e dada a situación de risco en que nos encontramos, recoméndase renovar as intervencións se se observan síntomas, en especial en variedades sensibles.