Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

08/07/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio
Mildeu: Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Síntoma de Mildeu: Esporulación no revés da follaNas plantas tratadas das nosas parcelas de seguimento, non atopamos síntomas da enfermidade, pero si empezan a apuntar novas manchas nalgúns gromos novos das plantas que mantemos sen tratamentos a xeito de control. Aínda que as condicións de temperatura que se rexistraron estes días nas horas centrais non son favorables á enfermidade (con máximos de 34ºC na nosa estación meteorolóxica do Pazo Baión, e máis de sete horas por enriba de 30ºC) a realidade é que a humidade relativa do aire foi bastante elevada e ademais as tormentas que se están a producir o día de hoxe, 8 de xullo, implican condicións extremadamente favorables. Polo tanto, é necesario tratar tan pronto o permitan as precipitacións.

Lembren as recomendacións achegadas nos últimos avisos no sentido de que se debe comprobar sempre a eficacia das intervencións practicadas.

Oidio: Ver Fotos

Uncinula necator (Oidio da Viña) - Oidio en estado peche do acioÚnicamente atopamos síntomas da enfermidade nas plantas que mantemos sen tratamentos en toda a campaña. Porén, no día de onte, 7 de xullo, as condicións climáticas (nubes altas e/ou néboas) foron moi favorables a este fungo. O acio pronto será pouco sensible aos danos por este patóxeno, pero ata o de agora si pode verse afectado, polo que é necesario tratar.


Trazas: Ver Fotos

Nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento, só recollemos nesta semana cinco exemplares de Eupoecilia ambigüella (na parcela de Soutomaior), e tamén as capturas nas trampas de Lobesia botrana foron reducidas (un máximo de 12 exemplares, na trampa de Castrelo). Por outra banda, aínda que se observa algunha penetración, só é esporadica. Non é necesario tratar.

Cicadélidos :Ver Fotos

Cicadélidos - Adulto de Zygina rhamni no revés Nesta semana unicamente observamos máis capturas de Zygina rhamni nas trampas, e rexistrouse a mesma situación nos controis de ninfas nas follas. En calquera caso, de momento son cifras moi afastadas dos limiares de tolerancia.




Ácaros:Ver Fotos

Viña con bronceado característico do ataque de ácaros Nesta semana non observamos máis síntomas da presenza de ácaros en viñedos da provincia, pero é necesario manter a vixilancia posto que as condicións climáticas destes días son favorables ao desenvolvemento destes artrópodos. En calquera caso, é necesario confirmar a súa presenza na viña antes de tomar calquera medida, e tratar en caso afirmativo.



Enfermidades da madeira :Ver Fotos

Planta con síntomas da enfermidade de madeiraSintoma de enfermidade de madeiraCada vez con máis frecuencia obsérvanse plantas cos síntomas que apuntan a enfermidades de madeira. Recordamos a conveniencia de marcalas, posto que na poda deben ser tratadas independentemente das plantas sas, e en verán é o momento idóneo de seleccionalas.



MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Coas precipitacións que se rexistraron o día de hoxe, 8 de xullo, e as temperaturas elevadas que as acompañaron, o risco de infección é moi elevado. É necesario tratar, posto que este fungo pode afectar ao froito ata o final do ciclo.

Cydia pomonella: Ver Fotos

Logo do tratamento efectuado a semana pasada, unicamente capturamos un macho nas trampas de feromonas instaladas nas nosas parcelas. En calquera caso, insistimos un día máis en que as poboacións deste insecto poden ser moi variables segundo as parcelas, polo que se non se efectúan seguimentos específicos é mellor realizar tratamentos preventivos.

Panonychus ulmi: Ver Fotos

Femia de Panonychus ulmiAtopamos as primeiras formas móbiles deste ácaro sobre as maceiras dunha das nosas parcelas de seguimento. Polo momento a súa poboación é moi reducida, menos de 1% de follas ocupadas, pero é necesario incrementar a vixilancia.




PLÁTANO DE SOMBRA
Corythuca ciliata: Ver Fotos

Adultos e ninfas no envés da follaSíntomas iniciais no haz dunha folla de plátanoEn numerosas localidades de Galicia obsérvanse os primeiros síntomas da presenza deste insecto nos plátanos de sombra. Para o seu control, aplicar deltametrin ou alfa-cipermetrin, as dúas materias activas rexistradas en España para este uso.



MOREIRA
Mycosphaerella mori e Pseudomonas syringae:Ver Fotos

Detalle dos síntomasSíntomas en follaEste ano as moreiras están a manifestar síntomas foliares que, segundo as análises que realizamos ata o momento, se deben ao fungo Mycosphaerella mori ou ben á bacteria Pseudomonas syringae.