Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

26/07/2010

VIÑA
Mildiu: Ver Fotos

Numerosas manchas de aceite en folla novaManchas no revés sen esporulaciónNa visita de hoxe á bisbarra do Salnés vimos algunhas manchas de aceite incipientes nos gromos terminais dalgunhas parcelas, e máis nas plantas testemuña que se manteñen sen tratamentos en toda a campaña. É indubidable que as condicións climáticas que se están a rexistrar e que, segundo as previsións, continuarán nos próximos días, non son as máis favorables ao desenvolvemento da enfermidade, pero aínda así a humidade relativa continúa a ser bastante elevada. Porén, os rexistros que se están a ter non son suficientes para que se produza a esporulación, e de feito as manchas atopadas non a presentaban, polo que non se cumpren todas as condicións para a infección secundaria. En consecuencia, de momento non é necesario tratar, pero si manter a vixilancia.

Oidio: Ver Fotos

Nas parcelas revisadas hoxe, non atopamos novos signos desta enfermidade, pero de momento non convén descoidar a vixilancia.