Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

29/07/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio
Mildiu: Ver Fotos

Numerosas manchas de aceite en folla novaManchas no revés sen esporulaciónNo aviso anterior (26 de xullo) comentabamos a presenza de manchas de aceite incipientes e sen esporulación en varias plantacións da bisbarra do Salnés; pois ben, esta situación podemos facela extensiva ao resto de bisbarras, segundo observamos e segundo nos informaron outros técnicos. A previsión meteorolóxica anuncia que se vai manter a situación climática destes días, con temperaturas moi elevadas, polo que é de esperar que esta infección permaneza controlada e restrinxida a algúns gromos terminais. Non é necesario tratar.

Oidio: Ver Fotos

Non apareceron novos signos da enfermidade en ningunha parcela, nin sequera nas plantas control sen tratamentos. Non é necesario tratar.

Trazas: Ver Fotos

Repítese a situación referida no aviso do pasado xoves 22 de xullo: capturas moi reducidas nas trampas de todas as bisbarras e signos illados de actividade larval. Non é necesario tratar.

Cicadélidos :Ver Fotos

En xeral as capturas de cicadélidos están a ser reducidas en todas as parcelas (salvo en Castrelo a semana anterior, onde se alcanzara o albor de tolerancia), pero a incidencia destes insectos xeralmente é máis alta a partir deste momento, polo que se aconsella incrementar a vixilancia.

Ácaros:Ver Fotos

Nas nosas parcelas de seguimento non se observan síntomas nin poboacións de ácaros, e de feito tamén nas mostras que recibimos na Estación só vimos ovos ou formas móbiles puntualmente. En calquera caso, as condicións climáticas destes días (calor e baixa humidade) son favorables ao desenvolvemento dos ácaros, co que se recomenda manter a vixilancia.

Outros:

Golpe de sol en acio de AlbariñoRecibimos nesta semana diferentes mostras con síntomas de golpe de sol en acio. Xa no aviso anterior anunciaramos que se están a observar nalgunhas zonas e que, cando se realice o esfollado, cómpre comprobar que non se expoñen demasiado os acios.



MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Coas condicións climáticas destes días o risco de infección é moi baixo, e de feito non encontramos síntomas en ningunha das nosas parcelas de seguimento. Non é necesario tratar.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Logo do tratamento efectuado nas nosas parcelas de seguimento, reducíronse as capturas nas trampas. En calquera caso, se debe vixiar a posible existencia de penetracións larvarias, pois vimos síntomas en mostras recibidas na Estación e, como xa indicamos en anteriores ocasións, as poboacións deste lepidóptero poden variar segundo as bisbarras e mesmo os terreos.

Araña vermella: Ver Fotos

Aspecto bronceado das plantas por ataque de araña vermellaDetalle da coloración típica do ataque de araña vermellaRecibimos nesta semana varias mostras con ataques de diferente intensidade de araña vermella Panonychus ulmi, sen dúbida favorecidos polas condicións climáticas. Recoméndase vixiar a aparición de síntomas da súa presenza, e aplicar un tratamento no caso de que se manifesten, poñendo atención ao prazo de seguridade do produto escollido para a aplicación nas variedades de recolección máis temperá.