Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

07/07/2011

VIÑA Estado fenolóxico: L (peche do acio)
Mildiu:

Manchas incipientes a final da campañaCo cambio que se rexistrou na climatoloxía cumpríronse localmente as condicións de infección para este patóxeno. Aínda así, a ausencia de síntomas ata o momento, e tamén o avanzado estado fenolóxico da viña (nalgunhas parcelas da zona sur xa se observan os primeiros grans iniciando o envero), non fai presaxiar que se trate dunha infección grave pero aínda o fungo pode afectar o acio. Nas nosas parcelas de seguimento non atopamos síntomas, aínda que nas plantas que se manteñen sen tratamentos empezan a observarse manchas incipientes na vexetación máis tenra. Debido a que a previsión meteorolóxica anuncia aínda certa inestabilidade de cara ós próximos días, naquelas viñas que non reciben tratamento desde hai tempo recoméndase renovar a protección.

Oidio:

Manchas de oídio en folla de albariñoNesta semana non atopamos novos síntomas no acio pero si en folla nalgunhas parcelas onde anteriormente se rexistrara a enfermidade. En xeral non será necesario tratar, salvo naqueles casos nos que a intensidade dos síntomas sexa elevada para evitar potenciais danos ó acio, que aínda se poden producir.

Black rot:

Non vimos síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento nin tampouco recibimos na Estación mostras con presenza de fungo. En calquera caso, insistimos una vez máis en que se debe confirmar mediante unha análise a presenza da enfermidade


Couzas do acio:

Nas nosas parcelas de seguimento as capturas de adultos nas trampas mantéñense en niveis moi baixos, e tamén a presenza de ovos non é máis ca testemuñal. A mesma información achegáronnola outros técnicos. Non é necesario tratar.

Cicadélidos:

Apenas se recollen cicadélidos nas trampas, só aparecen puntualmente estados ninfais na folla. Non é necesario tratar.


Ácaros:

Pese ás condicións favorables que se rexistraron ata agora non se observan en xeral síntomas de ácaros, tampouco recibimos na Estación mostras positivas. Polo tanto mantense a recomendación que fixemos ó longo de toda a campaña: non é necesario tratar, exceptuando aquelas viñas nas que se confirme a presenza de ácaros en niveis poboacionais superiores ó límite de tolerancia.


Alteracións de madeira:

Planta con síntomas de patoloxías da madeira marcada para o seu tratamento diferenciado na podaXa están aparecendo plantas con síntomas que apuntan a estas enfermidades e que deben ser marcadas para confirmar o axente causante no outono e poder determinar así se deben ser tratadas adecuadamente no inverno.
MACEIRA
Moteado:

Manchas incipientes de moteadoO tempo máis húmido incrementa o risco de moteado. Polo tanto, se se mantén a inestabilidade, como anuncia a previsión meteorolóxica, será conveniente renovar os tratamentos pois aínda se poden producir danos nas mazás.




Naquelas plantacións con maceiras de recolección temperá débese prestar moita atención ó prazo de seguridade do funxicida elixido.
Couza da maceira:

Nalgunhas parcelas sen apenas tratamentos recóllese un número moi importante de adultos, nas trampas, polo que aínda hai que prestar atención á protección se se desexan evitar penetracións larvarias na froita.

CASTIÑEIRO
Avermado das castañas:

Das tres especies de lepidópteros que poden provocar danos nas castañas Pammene fasciana é coñecida coma o tortrícido precoz pois en xeral inicia a súa actividade con anterioridade ás outras dúas. Tras abandonar os ourizos as eirugas desta bolboreta refúxianse en gretas da cortiza da árbore ata a primavera seguinte. Por iso, e considerando o período de voo na nosa provincia, xa é bo momento para instalar bandas de cartón ondulado ó redor dos troncos para que as larvas se refuxien nelas. Ó retirar estas bandas no outono-inverno e destruílas elimínase parte da poboación nociva para a seguinte campaña.

A mesma práctica é recomendable no control de Cydia pommonella, coñecida coma couza da maceira, para reducir a porcentaxe de mazás avermadas o ano próximo.

A seguinte secuencia mostra o proceso de colocación destas "trampas para larvas":