Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

14/07/2011

VIÑA Estado fenolóxico: L-M1 Peche do acio-envero (inicio)
Mildiu:

Plasmopara vitícola - Gromo con manchas en follas tenras.Plasmopara vitícola - Brotes terminais con manchas de mildeuEn días pasados volvéronse rexistrar períodos con condicións de infección aínda que de momento non se observaron síntomas cuxa aparición se pode esperar, tendo en conta as condicións ambientais rexistradas, cara á fin desta semana ou ós primeiros días da semana próxima. De feito, nas nosas parcelas de seguimento apenas se observan as manchas incipientes nas plantas sen tratamento que anunciaramos no aviso do pasado xoves día 7 e que non evolucionaron. Coa entrada no verán xa non se producirán danos no acio (só nos coñecidos coma "netos") pero convén non descoidar a vixilancia dos novos brotes pois aínda se poderían producir danos.

Oidio:

Micelio do fungo en acioEn xeral non se observaron novos síntomas. Ademais, as condicións climáticas dos pasados días non foron especialmente favorables ó fungo polo menos nalgunhas localidades debido ó carácter intenso das precipitacións que se rexistraron. Non entanto, recibimos na Estación mostras de acio con ataques non ben controlados deste patóxeno polo que aínda é bo momento para aplicar un tratamento centrado nos acios naqueles casos en que continúe o avance da enfermidade para evitar os danos á uva (que ata que o envero se xeneralice aínda poden seguir producíndose).

Botrytis cinerea:

Gran de uva con ataque de botriteNalgunhas variedades especialmente sensibles como treixadura ou godello pode aplicarse ó inicio do envero (cando un 5-10% de grans estean virando) un tratamento preventivo fronte a esta enfermidade. De feito, xa nalgunhas viñas comezan a observarse algún grans afectados. En albariño, se se mantivo una boa protección fitosanitaria dos acios e estes están libres de feridas, non debería haber problemas con esta enfermidade; en calquera caso, se no seu viñedo aparecen habitualmente danos por este patóxeno, pode aplicarse nos próximos días un tratamento preventivo dirixidoós acios.


Couzas do acio:

Gran atacado por larva de Lobesia botranaNunha das nosas parcelas de seguimento observamos algunhas penetracións, pero nun nivel aínda lonxe do límite de tolerancia. Pola súa parte, as capturas de adultos nas trampas continúan moi baixas. Non é necesario tratar.

Cicadélidos:

Scaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaUnha semana máis temos que falar dun número moi baixo de capturas de cicadélidos nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento e de ninfas que se contabilizan nas follas (a mesma circunstancia sucede en leiras controladas por outros técnicos, segundo nos informaron). Tampouco recollemos de momento adultos de Scaphoideus titanus, que xa poderían empezar a aparecer. Non é necesario tratar.


Ácaros:

Ó igual que referimos no resto da campaña só se pode falar de ataques moi puntais de ácaros, que en todos os casos deben ser confirmados (e as súas poboacións cuantificadas para comprobar se alcanzan o límite de tolerancia) co fin de evitar tratamentos innecesarios que poidan prexudicar a fauna auxiliar.


Outros:

Síntomas do ataque de trips na vexetación novaPunteaduras necróticas e entrenós curtos por tripsDetalle dos síntomasSíntomas na uva
Nalgunhas leiras da comarca do Salnés atopamos plantas con abundantes puntos marróns nas follas, pámpanos e zarcillos debidos a un forte ataque de tisanópteros (TRIPS), que nas nosas áreas vitícolas non soen ser frecuentes. Polo tanto, se se observa a sintomatoloxía que se reflicte nas imaxes hai que aplicar un tratamento (entre os insecticidas rexistrados están o spintor ou o metil-clopirifos).

É imporante confirmar a presenza do insecto pois os síntomas poderían confundirse cun ataque de ácaros (ou incluso con outras alteracións).
MACEIRA
Moteado:

A previsión meteorolóxica continúa anunciando que a climatoloxía non se estabilizará definitivamente nos próximos días polo que se recomenda manter a protección pois aínda se poden producir danos nas mazás.

Naquelas plantacións con mazás de recolección débese prestar moita atención ó prazo de seguridade do funxicida elixido.
Outros:

Mazás arredor dunha maceira en fase de podremiaComo sempre indicamos, aconséllase a eliminación das mazás caídas ó chan en fase de podremia para reducir o nivel de inóculo de certos patóxenos coma Monilia sp.

CASTIÑEIRO
Avermado das castañas:

Das tres especies de lepidópteros que poden provocar danos nas castañas Pammene fasciana é coñecida coma o tortrícido precoz pois en xeral inicia a súa actividade con anterioridade ás outras dúas. Tras abandonar os ourizos as eirugas desta bolboreta refúxianse en gretas da cortiza da árbore ata a primavera seguinte. Por iso, e considerando o período de voo na nosa provincia, xa é bo momento para instalar bandas de cartón ondulado ó redor dos troncos para que as larvas se refuxien nelas. Ó retirar estas bandas no outono-inverno e destruílas elimínase parte da poboación nociva para a seguinte campaña.

A mesma práctica é recomendable no control de Cydia pommonella, coñecida coma couza da maceira, para reducir a porcentaxe de mazás avermadas o ano próximo.

A seguinte secuencia mostra o proceso de colocación destas "trampas para larvas":