Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

26/08/2011



VIÑA
Scaphoideus titanus (cicadélido vector da flavescencia dourada):

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusA semana pasada recollemos os primeiros catro adultos de Scaphoideus titanus en dous viñedos de Crecente (localidades de Albeos e Ribeira). Capturáronse nas trampas amarelas que temos instaladas nestas parcelas, e esta semana volvemos a recoller un en Albeos. En ningunha das leiras se atoparon síntomas da enfermidade (flavescencia), pero estamos a analizar os insectos por se portasen o fitoplasma que a causa. Para máis información, consulte a nosa nova ficha técnica nº 61, "Scaphoideus titanus Ball. Cicadela branca da vide".