Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

12/09/2011



PIÑEIRO
Leptoglossus occidentalis:

Adulto de Leptoglossus occidentalisO pasado venres recollemos os primeiros adultos desta especie nun piñeiral da zona sur de Pontevedra. Este hemíptero ataca a todo tipo de coníferas, principalmente do xénero Pinus, aínda que a súa presenza se detectou en 40 especies distintas, pertencentes tanto a este xénero coma a Abies, Cedrus, Pseudotsuga ou outros. En Galicia foi detectado por primeira vez no inverno pasado en diferentes localizacións, pois adoita refuxiarse en lugares abrigados para pasar o inverno. Os danos que pode causar localízanse nas piñas, e consisten nun baleirado parcial ou total dos piñóns, que pode cifrarse, segundo a bibliografía, nunha redución superior ao 80% dos piñóns viables. En calquera caso, polo momento non atopamos danos destacables na nosa zona.