A DRA. CARMEN SALINERO DA
EFA NA
PRESENTACIÓN DO SEGUNDO VOLUME DO LIBRO "Investigadoras
Galegas"
O 10 de febreiro, no Hostal
dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, tivo lugar a
presentación do segundo volume do libro Investigadoras Galegas no
que se inclúen entrevistas realizadas 50 mulleres que contribúen
á investigación científica na nosa comunidade.
Unha
das investigadoras entrevistadas neste libro é a Dra. Carmen
Salinero, Xefa da Sección de Fruticultura e Ornamentais da
Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de
Pontevedra). Dende o ano 1984 esta investigadora dedícase ao estudo
de varios aspectos do cultivo e mellora da calidade do kiwi, e de
adaptación á nosa comunidade de varias especies froiteiras de
orixe exótica. No tocante ás especies ornamentais, traballa
principalmente en camelia, no mantemento e ampliación da
colección de camelias da Deputación de Pontevedra e na
caracterización e identificación de cultivares de camelia da nosa
comunidade.