INFORME FAVORABLE DA
AUDITORÍA, QUE CERTIFICA A ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE NO
LABORATORIO DA EFA (UNE-EN ISO
9001:2008)
Na actualidade a
Estación Fitopatolóxica do Areeiro está certificada pola
empresa AENOR pola ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso laboratorio
(norma UNE-EN ISO 9001:2008) para a "Detección e
identificación de fungos fitopatóxenos por técnicas
moleculares (PCR, PCR-RFLP, NESTED-PCR e SECUENCIACIÓN)" e para a
"Análises físico-químicas en kiwi (dureza, tamaño,
sólidos solubles, amidón, acidez total e % de materia seca)"
ata outubro de 2011.
En setembro deste ano a empresa
AENOR realizou unha auditoría para comprobar que se cumpren os
requisitos da norma. O informe, favorable, certificaba a adecuada
xestión de calidade no laboratorio.