PRESENTACIÓN DOS
RESULTADOS DO PROXECTO "EXPERIENCIA SOBRE MATERIA SECA EN KIWI", NO QUE
PARTICIPOU A EFA
O día 15 de decembro,
no salón de actos do pazo provincial da Deputación de Pontevedra,
presentáronse os resultados do proxecto "Experiencia sobre materia seca
en kiwi", realizado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, The
Trading House Amodia S. L. e a
Fundación Juana
de Vega durante tres anos (do 2007 ó 2009), co obxectivo de estudar
a evolución dos principais parámetros organolépticos e de
composición química do froito durante o seu desenvolvemento na
planta ata o momento da colleita. Coñecer a evolución destes
parámetros é de vital importancia para o sector do kiwi en
Galicia xa que inflúen no sabor e na textura do froito do kiwi.
A este acto asistiron kiwicultores e investigadores do sector,
así como unha delegación da Cámara de Agricultura de Arsin
(Turquía), interesada en coñecer as técnicas de
produción e comercialización do kiwi en
Galicia.