Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » A Estación » Política de calidade » Certificación AENOR

Certificación AENOR
Circular Informativa Sobre:
Certificación da Estación Fitopatolóxica do Areeiro por parte da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR)


Certificado de rexistro de empresa AENOR  

Obxectivo:

Na EFA establecémosnos como obxectivo prioritario mellorar continuamente a calidade dos servizos prestados aos nosos clientes. Por iso, adaptamos o noso funcionamento aos requisitos que establece a norma de xestión de calidade UNE-NISO 9001:2008 e obtivemos o recoñecemento externo da ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso laboratorio por parte dunha entidade de certificación de calidade (concretamente AENOR)

Significado da certificación:

Esta certificación asegura que o laboratorio estableceu unha serie de actividades para xestionar adecuadamente a calidade dos ensaios realizados: control de todos os procesos involucrados mediante indicadores de alerta, establecemento de obxectivos anuais de calidade, realización de actividades de control de calidade en cada ensaio, establecemento de sistemáticas de detección e control de non conformidade, enquisas periódicas de satisfacción de clientes, etc. .

Mellora continua:

Unha vez acadado este obxectivo, cremos, se cabe, aínda máis na mellora continua da calidade e, por iso, seguímosnos marcando metas de calidade como a ampliación do alcance da certificación.
Aproveitamos para recordarlles que todos os nosos clientes teñen á súa disposición follas de reclamación e que, calquera dúbida referente á realización dos ensaios, envío de mostras, etc. será atendida moi gustosamente polo noso persoal.

Certificado de acreditación de IQNet
Comunicación da concesión da acreditación


Atentamente les saluda,


18 Novembro 2011
Pedro Mansilla
Xefe Servizo
Estación Fitopatolóxica do Areeiro