Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » A Estación » Política de calidade

Certificación AENOR
Política de calidade da
Estación Fitopatolóxica do Areeiro


A Dirección de EFA é consciente de que os sistemas de calidade son ferramentas de xestión que poden axudar ás organizacións a controlar e mellorar o seu funcionamento. Por iso, no ano 2000 iniciamos unha etapa na que un sistema de calidade marcase o noso funcionamento e, tras funcionar con dous tipos de sistemas de calidade (ISO 17025 e ISO 9001), decidimos apostar por un único sistema (a certificación ISO 9000) e ampliar o seu alcance a novas actividades. Así, na actualidade, a EFA encóntrase certificada para a "Detección e identificación de fungos fitopatóxenos por técnicas moleculares (PCR, PCR-RFLP, NESTED-PCR e SECUENCIACIÓN) " , "Análise física-química no Kiwi (dureza, tamaño, sólidos solubles, amidón, acidez total e % de materia seca)", “Mostraxe, análise e identificación de Bursaphelenchus xylophilus por morfoloxía e técnicas moleculares” e para as “Análises físico-químicas nos solos (pH e catións)”. Nos próximos anos pretendemos seguir ampliando as actividades dentro do alcance deste sistema de calidade.

Ademais do respaldo e potenciación do sistema de calidade, a Dirección quere declarar o compromiso de toda a organización nos seguintes aspectos:

  • Cumprir os requisitos da norma ISO 9001 .
  • Cumprir os requisitos legais e outros requisitos aplicables.
  • Acadar a máxima calidade nos nosos ensaios asegurando que se realizan segundo unhas boas prácticas profesionais, conforme ás especificacións do cliente e baixo un rigoroso control de calidade que garanta a súa fiabilidade.
  • Promover a adquisición dos recursos materiais e humanos que sexan necesarios para o desenvolvemento da nosa política de calidade.
  • Implantar, manter e mellorar continuamente o sistema de calidade de xeito que se utilice como unha ferramenta útil e eficaz para a nosa xestión.
  • Realizar, como mínimo anualmente, unha revisión global do sistema.

E quere establecer a política de calidade do laboratorio mediante os seguintes obxectivos:

  • Satisfacer as necesidades dos nosos clientes, das autoridades reguladoras e das organizacións encargadas do noso recoñecemento.
  • Mellorar continuamente o servizo prestado aos nosos clientes.
  • Traballar ao máis alto nivel de calidade nos nosos ensaios.
  • Asegurar a formación continua do persoal de laboratorio.