Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » xaneiro - abril
Cítricos: Labores a realizar no período xaneiro - abril

Os labores culturais que se poden realizar durante os primeiros meses do ano están encamiñados basicamente cara ao mantemento ou a mellora das condicións da plantación:

 
  • Protección fronte a axentes meteorolóxicos.- Sobre todo en inverno é frecuente que as plantacións sufran danos producidos por distintos axentes meteorolóxicos (sarabia, xeadas, temporais, etc.). Nestes casos cómpre adoptar as seguintes medidas:

  • Logo dunha sarabiada pode realizarse unha aplicación funxicida para evitar a entrada de fungos de podremia como Botrytis. O tratamento deberá efectuarse antes de que transcorran 24 horas logo da sarabiada. Entre os produtos que se poden utilizar están captan, folpet, mancozeb, etc.

  • En zonas con ventos fortes, aconséllase a creación de barreiras cortaventos para protexer as árbores. Poden instalarse sebes, mallas, etc.


  • Cando hai risco de xeadas, pódense cubrir as árbores con mallas ou outro tipo de cubertas. Tamén hai que manter libre de malas herbas o solo baixo as árbores, pois aquelas aumentan o risco de danos.