Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » xaneiro - abril
Cítricos: Labores a realizar no período xaneiro - abril

Os labores culturais que se poden realizar durante os primeiros meses do ano están encamiñados basicamente cara ao mantemento ou a mellora das condicións da plantación:

 
  • Realización de podas.- A principios da primavera (primeiras semanas de marzo) pódese realizar a denominada "poda de limpeza" para sanear a plantación que pode aproveitarse tamén para eliminar o exceso de carga das plantas: elimínanse as pólas rotas ou secas que son vías de entrada para algúns patóxenos e aclárase a copa, facilitando así a aireación. Ao facela, débense eliminar tamén os gromos, chupóns e cortar as pólas próximas ao chan para que os froitos non queden preto do terreo cando se desenvolven. Débese realizar de dentro cara a fóra da copa para poder ter unha visión clara do que se está a realizar. Cómpre tamén desinfectar o material que se utilice para cortar con alcohol, lixivia ou auga osixenada. Logo desta primeira actuación, tanto neste período do ano coma en verán, pódese realizar unha "poda de mantemento", cuxo obxectivo é favorecer a produción de pólas novas e conservar a plantación en boas condicións.



Estado dunha plantación antes da poda:

A mesma plantación logo da poda: