Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » maio - agosto
Cítricos: Labores a realizar no período maio - agosto

Os labores culturais a realizar entre a primavera tardía e os meses estivais están encamiñados basicamente ao mantemento, aproveitamento, mellora do callado e a rega da plantación:

 
  • Colleita.- A colleita dos froitos é unha práctica que, segundo a especie, se pode realizar durante todo o ano, polo que este período non é unha excepción. Débese recordar que a recolección debe realizarse dende a parte exterior da árbore cara ao interior, e con axuda dunhas tesoiras ou manualmente, neste caso evitando tirar bruscamente do froito para non danar os gromos.