Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2003

XXX Congreso Nacional Parques y Jardines La Coruña, 2003

3380


Camelias en el Castillo de Soutomaior


Carmen Salinero, P. Vela, C. Bengoechea

Servicio Agrario. estación Fitopatolóxica do Areeiro.





RESUMO:      O nacemento da fortaleza de Soutomaior hai que datalo, vinculado á figura de Paio Méndez Sorrede, na época de Alfonso VII no século XII. A documentación conservada actualmente, no entanto, non di nada ao respecto. Sexa o que fora da orixe da fortaleza, o certo é que a súa resonancia, a súa vinculación e inserción plena en determinados episodios claves da Historia de Galicia, sitúase en datas considerablemente posteriores, concretamente nos últimos anos da Idade Media. Con Pedro Madruga a casa de Soutomaior acada a súa máis alta cota de poder (Val, 1990). A partir dos Reis Católicos as fortalezas galegas van experimentar un cambio gradual de significado e función, adquirindo un cometido residencial e productor, en detrimento da súa antiga finalidade militar e defensiva (Rodríguez Dacal & Izco, 1994); no caso concreto da zona onde se ubica o Castelo, as condicións climáticas e edafolóxicas facilitan esta trasformación cara a produción agropecuaria.