Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2005

V Congreso de Ciencias Hortícolas, Porto 2005

4217


Efecto de la aplicación de cianamida de hidrógeno en la brotación y floración de la variedad Hayward de Actinidia deliciosa en plantaciones de Galicia


Olga Aguín¹, Pilar Vela¹, Pilar Piñón¹, Carmen Salinero¹ & María Jesús Sainz²

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España. oaguin@efa-dip.org.
2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, E-27002 Lugo, España. mjsainz@lugo.usc.es.




RESUMO:      A metade da produción de kiwi (Actinidia deliciosa) en España procede da provincia de Pontevedra, onde se cultiva fundamentalmente a variedade Hayward. Nas zonas onde se ubican as plantacións, o clima caracterízase por temperaturas mornas no inverno e unha variabilidade térmica interanual pequena. A escaseza de frío invernal limita a produción comercial, pero pode ser contrarrestada mediante a aplicación de cianamida de hidróxeno. Durante dous anos consecutivos, realizáronse ensaios de campo para estudar o efecto da cianamida de hidróxeno na brotación e floración de dúas plantacións de kiwi da provincia de Pontevedra (Piñeiro e Tui). O produto aplicouse corenta días antes da data esperada de brotación, cunha concentración do 6%. A aplicación de cianamida de hidróxeno mellorou o índice de brotación respecto ao control, compensando en gran medida o déficit de horas-frío que necesitan as viñas de Hayward para romper a súa latencia de inverno. O produto determinou ademais un adianto e sincronización da brotación e a floración.



Palabras-clave:horas-frío, kiwi, latencia invernal, NO España