Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2007

Reunión Científica del Grupo de Trabajo de Sanidad Forestal de La Sociedad Española de Ciencias Forestales
Palencia, 25 - 26 de Setembro 2007

25


Detección de Armillaria mediante técnicas moleculares a partir de muestras de suelo de diferentes especies forestales


ESCOFET, P¹.; AGUÍN, O¹.; SAINZ, M. J².; MANSILLA, J.P. 1,2

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org

²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España.




RESUMO: O xénero Armillaria inclúe especies patóxenas que causan podremia do sistema radicular, e posterior morte, en plantas leñosas. No solo, estes fungos propáganse por crecemento vexetativo e esténdense polas raíces. O diagnóstico de Armillaria realízase habitualmente mediante métodos moleculares baseados na amplificación do ADN fúnxico a partir de mostras vexetais invadidas por micelio ou rizomorfos. Neste traballo, aplicáronse técnicas de análise molecular para detectar a presenza de Armillaria en solos onde crecían as seguintes especies forestais sintomáticas: Abies sp., Cedrus spp., Cupressocyparis leylandii, Pinus sp., Chamaecyparis spp., Thuja sp., Tsuga canadensis, Acacia spp., Acacia sp., Betula celtiberica, Castanea sp., Quercus spp., Aesculus hippocastanum, Buxus sp., Eucalyptus sp., Laurus nobilis, Liquidambar sp., Populus alba, Prunus pisardii e Taxus baccatta. Tomáronse mostras de solo nas proximidades da raíz de cada planta, levando a cabo unha extracción do ADN fúnxico e posterior amplificación da rexión ITS mediante nested-PCR. O produto resultante analizouse mediante RFLP para discriminar entre especies de Armillaria. Os resultados, contrastados por secuenciación do ADN e análise do material vexetal sintomático, mostraron que a especie máis frecuente causante de podremia branca radicular é A. mellea, aínda que tamén se detectaron A. ostoyae e A. gallica.



Palabras chave: Armillaria spp., podremia radicular, forestal, nested-PCR, RFLP