Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1301


Especies del género Armillaria identificadas en plantas leñosas ornamentales en Galicia


O. Aguín¹, P. Escofet¹, M.J. Sainz² y J.P. Mansilla¹

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Deputación de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España. oaguin@efa-dip.org

²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, 27002 Lugo, España. mjsainz@efa-dip.org


RESUMO: As especies patóxenas do xénero Armillaria causan podremia branca radicular en numerosas plantas leñosas. Neste traballo, identificáronse mediante métodos moleculares as especies de Armillaria que afectaban a unha ampla variedade de leñosas ornamentais en Galicia (noroeste de España). O diagnóstico do fungo realizouse a partir de mostras de raíz e/ou colo de plantas sintomáticas mediante PCR/RFLP ou de solo situado arredor das raíces aplicando nested-PCR/RFLP. As identificacións das especies de Armillaria verificáronse mediante secuenciación de fragmentos de ADN fúnxico. Os resultados mostraron que a especie máis frecuente causante de podremia branca radicular en ornamentais de Galicia é A. mellea, xa que se detectou no 74% das mostras de planta e no 92% das de solo. En menor proporción, a podremia foi causada por A. gallica, que se identificou nun 23% de mostras de planta e nun 6% de solo. Atopou tamén A. ostoyae, aínda que unicamente nun 1,3% das plantas e nun 2% de mostras de solo. Unha única mostra de raíz estivo afectada por A. cepistipes. Armillaria mellea detectouse en 46 especies ornamentais diferentes cultivadas en Galicia, o que indica o alto carácter polífago deste patóxeno.

Palabras chave: podremia radicular, diagnóstico, técnicas moleculares