Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1299


Potencial de enraizamiento en la propagación por estaquillado de cultivares antiguos y comerciales de Camellia japonica L.


M. I. Iglesias-Díaz¹, C. Salinero², P. Vela² y M.J. Sainz¹

¹Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, 27002 Lugo, España. mariaisabel.iglesias.diaz@usc.es
²Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. mcs@efa-dip.org


RESUMO: Investigouse o potencial de enraizamento, a partires da propagación por estaca, dun exemplar antigo, conservado nun xardín de Galicia (España), e tres comerciais de Camellia japonica, coa finalidade de coñecer as posibilidades de utilización desta técnica de clonación para o rexuvenecemento do cultivar antigo e para a multiplicación de cultivares comerciais en viveiros galegos. Os tratamentos consistiron na aplicación de formulacións en líquido ou en talco, e a diferentes concentracións, de ácido indol butírico (AIB), o seu sal potásico (AIBK), ou combinacións de AIB e ácido naftalén acético (ANA). A metade das estaquiñas de cada tratamento foron lesionadas na base. Só o cultivar 'Patricia Ann' mostrou un bo potencial de enraizamento, xa que os controis enraizaron nun 75%, mentres que os dos outros tres cultivares presentaron porcentaxes de enraizamento moi baixas (0-15%-15). Para todos os cultivares, os mellores resultados de porcentaxe de enraizamento e índice visual de enraizamento obtivéronse coa aplicación de AIB e ANA en talco, con ou sen lesión.

Palabras chave: macropropagación, auxinas de enraizamento, lesionado, solventes, concentracións hormonais