Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1297


Método rápido para la propagación de helechos ornamentales


A. Barros¹, C. Salinero¹, P. Vela¹ y M.J. Sainz²

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. abarros@efa-dip.org
²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, 27002 Lugo, España.


RESUMO: Aínda que algúns fentos poden multiplicarse por división de rizomas, a forma habitual de reprodución é mediante esporas, e esta pode ser difícil nalgúns casos en que as condicións ambientais (temperatura, humidade e luz) da zona de cultivo non sexan as axeitadas. Neste traballo descríbese un método rápido, sinxelo e eficaz para a propagación de fentos ornamentais en condicións de cultivo controladas. Seleccionáronse 6 especies de 3 xéneros: Cyathea cooperi, C. contaminans, C. tsangii, Pteris incompleta, P. cretica e Asplenium nidus, que son susceptibles de ser cultivadas en interior ou exterior. A porcentaxe de xerminación das esporas de todas as especies foi alta, obténdose un elevado número de exemplares. O tempo medio dende que se sementou ata que se completou a aclimatación transcorreu nun máximo de 6 meses para as 6 especies do estudo, observándose diferenzas entre elas na fase de aparición do protalo e no tempo de duración necesario para a súa aclimatación.

Palabras chave:fentos arborescentes, esporas, Cyathea, Pteris, Asplenium