Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

VI International ISHS Symposium on Mineral Nutrition of Fruit Crops.
Faro (Portugal), 19-23 maio 2008

1243


Efecto del abonado y del sistema de conducción en las propiedades organolépticas del fruto del kiwi en el noroeste de Portugal


C. Salinero, P. Piñón, M.J. Lema,

Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org




RESUMO: O sector do kiwi superou nas nosas latitudes a etapa de obtención de producións optimas baseadas no tamaño do froito e actualmente enfróntase á mellora da calidade das características organolépticas que lle permitan ser competitivo no mercado internacional. Son moitos os factores que inflúen no concepto de calidade. Considérase que un kiwi presenta unha boa calidade gustativa canto maior sexa o ºBrix no momento do consumo. Un novo parámetro, a materia seca, é comunmente aceptado na comunidade internacional como o mellor para cualificar a calidade intrínseca do froito. O contido de acidez e de amidón tamén xogan un papel importante na consecución destas normas de calidade. O obxecto deste traballo é estudar a evolución e contido destes parámetros no momento de colleita como consecuencia da modificación na fertilización e/ou na condución das plantas. O ensaio foi realizado durante o ano 2007 en dúas plantacións de kiwi do norte de Portugal (Kiwi Ibérica S.A.), recollendo mostras de froito de kiwi cada dúas semanas, desde a antesis ata a colleita. A continuación analizáronse as propiedades sensoriais dos froitos segundo métodos recoñecidos internacionalmente. Os resultados demostraron que a elección dun ou outro sistema de entitorado influían significativamente no contido de materia seca, sólidos solubles, amidón e acidez. Tamén se observaron diferenzas significativas entre ámbalas dúas prácticas de fertilización durante as primeiras etapas de desenvolvemento do froito; diferenzas que desaparecían conforme o desenvolvemento do froito íase aproximando ao momento da colleita.

Palabras chave: Actinidia deliciosa, materia seca, ºBrix, amidón, acidez, sistema de conducción