Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1303


Primeros resultados en el control de larvas de curculiónidos que afectan a plantas de vivero con nematodos entomopatógenos


A. Picoaga, A. Abelleira, J.P. Mansilla, R. Pérez y C. Salinero

Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. apicoaga@efa-dip.org


RESUMO: Os nematodos entomopatóxenos (NEP) son un grupo de nematodos parasitos obrigados de insectos, que se caracterizan por estar asociados simbióticamente con bacterias que lles confiren un elevado potencial como insecticidas biolóxicos. Estes nematodos pertencen aos xéneros Steinernema e Heterorhabditis, e están asociados a bacterias dos xéneros Xenorhabdus e Photorhabdus, respectivamente. Os nematodos entomopatóxenos penetran na larva do insecto, provocando a súa morte nun curto período de tempo, polo que están sendo utilizados para combater numerosas pragas que afectan a diversos cultivos. Unha das pragas de insectos máis importantes en plantas de viveiro son as larvas de curculiónidos, en especial as pertencentes ao xénero Otiorrhynchus. As súas larvas son moi voraces, alimentándose, durante todo o seu desenvolvemento larvario, das raíces, debilitando a planta e nalgúns casos provocando a súa morte. O control destas pragas realízase habitualmente co emprego de produtos químicos, non obstante, a lexislación actual tende á eliminación de moitas das materias activas dispoñibles no mercado, o que fai necesaria a busca de métodos de loita alternativos para combater estas pragas. Neste traballo, realizouse un ensaio de eficacia en laboratorio con larvas de Curculio elephas Gyll., para estudar o comportamento de catro cepas de nematodos entomopatóxenos fronte a este insecto, a diferentes temperaturas e concentracións de inóculo, e un ensaio de eficacia en campo mediante a aplicación de NEPs dunha cepa autóctona da especie Heterorhabditis bacteriophora, para avaliar a súa efectividade fronte a larvas de curculionidos en plantas de Camellia spp., en dous viveiros da nosa comunidade.

Palabras chave: control biolóxico, insectos praga, Otiorrhynchus, Heterorhabditis, Steinernema