Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2002


2023
Root rot caused by Rosellinia necatrix in Camellia
American Camellia Yearbook 2002: 109-113, 2002

Aguín, O.

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

Sáinz, M.J.

Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago. Campus de Lugo.

Salinero, M.C.
Pintos, C.
Mansilla, J.P.

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.


RESUMO:     A podremia de raíz é unha das enfermidades máis importantes que afectan ás camelias. Esta pode ser ocasionada por varios patóxenos, pero en tódolos casos as manifestacións externas son moi similares. O patóxeno causante desta enfermidade máis común tanto en Galicia como no resto do mundo é Phytophthora cinnamomi Rands. Este fungo presente no substrato entra na planta a través das raíces máis pequenas de maneira gradual ata colonizar completamente o sistema da raíz. As plantas que se ven afectadas por esta enfermidade ao principio da mesma mostran unha perda de vigor, crecemento lento, nalgunhas ocasións clorose da folla; e a continuación unha clorose xeral da folla, brotes ananos e defoliación gradual. As raíces ao principio mostran unha cor marrón clara, despois vólvense negras e podrecen, ocasionando a súa morte (Mansilla et al. 2001).


552
Situação Fitopatológica das camélias na região do Entre Douro e Minho de Portugal
Boletín de Sanidad Vegetal y Plagas, 28: 609-622, 2002

J. P. Mansilla Vázquez

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

M. C. Barrote Meira

Av. D. Afonso III, 424-5ºd. 4900-477 Viana do Castelo. Portugal.

C. Pintos Varela
M. C. Salinero Corral

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

A camelia é un arbusto cunha ampla tradición histórico-cultural en Portugal. O seu cultivo é de gran importancia tanto en xardíns públicos como privados, especialmente na rexión Norte. Nos últimos años observouse un aumento significativo de pragas, enfermidades e fisiopatías sobre camelia, sen embargo os estudios levados a cabo para o seu coñecemento e control son escasos. Neste traballo analizouse a situación fitosanitaria actual das camelias, que se corresponden cos xardíns máis importantes da rexión de E.D.M. Os resultados indican que o ácaro Cosetacus camelliae foi o que presentou o índice medio de ataque máis alto (80%), localizándose en tódolos puntos de mostraxe mentres que, o insecto Pulvinaria floccifera detectouse en oito dos dez xardíns da mostraxe e o seu índice medio foi dun 18%. No tocante ás enfermidades, o fungo Ciborinia camelliae, de recente detección na Península Ibérica, observouse en tódalas zonas da mostraxe e presentou a patoloxía máis alta cun índice medio do 100%. O dano de sol foi a fisiopatía con máis incidencia de ataque (40%) constatándose en tódalas zonas de mostraxe. As outras fitopatoloxías presentaron porcentaxes de incidencia más baixas. .

PALABRAS CLAVE: Camelia, Portugal, enfermidades, pragas, fisiopatías, patoloxía, Ciborinia camelliae, Cosetacus camelliae.


472
Exploración nutricional del cultivo de Kiwi (Actinidia deliciosa) en el noroeste de España
ITEA (2001), Vol. 97V Nº 2, 106-117

M. J. Lema
M. C. Salinero

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

RESUMO:     Preséntanse os resultados dunha exploración do estado nutricional do kiwi (Actinidia deliciosa) cultivado en solos ácidos do Noroeste de España, efectuada durante 3 anos consecutivos. As análises foliares efectuadas en seis momentos de desenvolvemento do cultivo revelan que os niveis de potasio oscilan de medios a altos (1,5 a 2,5 % K sobre materia seca), os de calcio de moi baixos a baixos (1,0 a 4,0 % Ca s.m.s.) e os contidos de magnesio de altos a moi altos (0,4 a 1,0 % Mg s.m.s.). Detéctanse diferencias estacionais significativas para o calcio e o potasio, así como variacións interanuais para o calcio e o magnesio asociadas a modificacións nas achegas, sendo menos importantes as variacións entre fincas nun mesmo ano agrícola.

PALABRAS CLAVE: Actinidia deliciosa, análise foliar, nutrición mineral, evolución estacional de calcio, magnesio e potasio.


535
Presencia de Tuberkulatus kuricola (Hemiptera: Aphididae) sobre castaños híbridos en España
Boletín de Sanidad Vegetal y Plagas, 27: 395-400, 2001

J. Pedro Mansilla
R. Pérez

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

N. Pérez

Universidad de León. Departamento de Biologia Animal.

V. Seco

Universidad de León. Departamento de Ingeniería Agraria.


P. del Estal
Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. Unidad de Protección de los Cultivos. Ciudad Universitaria. Madrid.

RESUMO:      É a primeira referencia de Tuberculatus kuricola no continente europeo. O pulgón, detectado nunha masa de castaño da provincia de Pontevedra no mes de outubro de 2000, provocou nos pés ocupados unha máis pronta caída de follas, xunto coa instalación de fumaxina, anque polo momento descoñécense outras consecuencias da súa presenza e distribución total.

PALABRAS CLAVE:áfidos, castiñeiro, carballo, Tuberculatus kuricola.


469
Estudio sobre la biologia y control de Bradysia paupera Tuomikoski (=Bradysia difformis Frey) (Diptera: Sciaridae)
Boletín de Sanidad Vegetal y Plagas, 27: 411-417, 2001

J. Pedro Mansilla
M. I. Pastoriza
R. Pérez

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

RESUMO:     Bradysia paupera Tuomikoski inclúese nun grupo de dípteros coñecidos como Fungus gnats que están citados como pragas en invernadoiros de ornamentais e tamén sobre especies forraxeiras. As referencias do incremento dos seus ataques noutros países, unido a súa detección causando danos nun viveiro de eucalipto de Pontevedra, levaron á realización dun estudo sobre a súa morfoloxía, bioloxía e control. Baixo as condicións do estudio, o seu ciclo completase en 3-4 semanas; ademais, nos ensaios de control realizados sobre larvas se obtivéronse resultados moi satisfactorios tanto en loita química como biolóxica, co que cualquera destas dúas posibilidades resultan eficaces para o control destes dípteros.

PALABRAS CLAVE: Bradysia paupera, control, Diptera, insecticidas, Steinernema feltiae.


528
A fast method for production of Armillaria inoculum
Mycologia, 93(3), 2001, pp. 612-615

J. Pedro Mansilla
Olga Aguín

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

María J. Sáinz

Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago. Campus de Lugo.

RESUMO:      Descríbese un novo método para a produción de inóculo das especies de Armillaria. Obtivose inóculo mediante o novo método (no que porcións de raíz do hóspede incúbanse nun medio de benomil- dicloran- estreptomicina) de acordo con tres métodos xa existentes. Ademais, a eficacia do inóculo producido mediante o novo método avaliouse mediante un ensaio experimental de infección utilizando seis patróns de seis plantas sas de vide (196- 17 Castel, 110 Richter, 161- 49 Couderc, 3309 Couderc, 1103 Paulsen, y 102). O novo método produciu inóculo nun período moi corto de tempo (15 días en vez dos 3 meses que se tardaba co mellor dos métodos dispoñibles). Tódolos patróns infectáronse cun illado de Armillaria mellea, e o máis resistente destes foi o 161-49 Couderc. Este método ofrece unha redución significativa no tempo necesario para realizar ensaios de patoxenicidade ou calquera tipo de investigación que necesite inóculo de Armillaria
PALABRAS CLAVE: Armillaria mellea ensaio de patoxenicidade, patrón de vide Vitis vinifera,podremia branca da raíz.


483
Incidencia e identificación del género Armillaria sobre vid en la provincia de Pontevedra (Galicia)
Phytoma España. Nº 131 Agosto/Septiembre 2001

Aguín Casal, O.
Pintos Varela, C.
Abelleira Argibay, A.
Mansilla Vázquez, J.P.

Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

RESUMO:     O xénero de fungos Armillaria está constituído por unhas corenta especies que varían na súa distribución xeográfica, hóspedes e virulencia. Ata fai pouco tempo a identificación destas especies resultaba bastante difícil, pero na actualidade o problema resolveuse aplicando a técnica PCR (reacción en cadea da polimerasa) complementada coa análise do polimorfismo da lonxitude de fragmentos de restricción (RFLP). Utilizando estas técnicas sobre mostras de Vitis sp., recollidas na provincia de Pontevedra (Galicia), que presentaban síntomas de podremia branca da raíz, obtivéronse tres patróns de restricción que permitiron identificar tres especies: Armillaria mellea, que está considerada como altamente patóxena, Armillaria gallica e Armillaria cepistipes, ámbalasdúas na categoría de especies saprófitas ou parasitos de debilidade.
: Armillaria mellea, Armillaria gallica, Armillaria cepistipes, PCR-RFLP, Vitis sp.