Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2013




Incidencia, gravidade e especies de fungos cusantes de enfermidades de Mycosphaerella e Teratosphaeria en plantacións de Eucalyptus de Galicia (noroeste de España)
Forest Ecology and Management 302 (2013) 379-389


Olga Aguín a, María J. Sainz b, Aitana Ares a,b, Luciano Otero a,b, J. Pedro Mansilla a

a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Deputación de Pontevedra, Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, España
b Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, E-27002 Lugo, España

RESUMO: Estudouse a incidencia e diversidade de especies fúngicas que causan as enfermidades coñecidas como Mycosphaerella Disease (MD) e Teratosphaeria Disease (TD), así como a severidade da enfermidade, en 190 plantacións de Eucalyptus globulus, 17 de Eucalyptus nitens, 3 de Eucalyptus viminalis e 1 de Eucalyptus obliqua no noroeste de España. Os resultados mostraron que a MD e especialmente a TD estaban presentes en practicamente todas as plantacións de E. globulus, en moitas delas con alta severidade, o que suxire que poderían estar a sufrir unha redución importanteda produción de madeira, e estendidas con baixa severidade a plantacións de E. nitens, E. viminalis e E. obliqua. Identificáronse once especies: Mycosphaerella aurantia, Mycosphaerella madeirae, Mycosphaerella marksii, Pseudocercospora pseudoeucalyptorum, Teratosphaeria africana, Teratosphaeria molleriana, Teratosphaeria nubilosa, Teratosphaeria parva, Teratosphaeria readeriellophora, Uwebraunia commune e Uwebraunia dekkeri.
Todas estas especies foron dectectáronse en follas novas, e a maioría delas tamén en follas adultas, en plantacións de E. globulus. Nas plantacións de E. nitens, E. obliqua e E. viminalis rexistrouse unha diversidade fúngica menor. Esta é a primeira vez que se detecta en España T. africana sobre E. globulus. Son primeiras deteccións en Europa M. aurantia sobre E. globulus, P. pseudoeucalyptorum e U. commune sobre E. nitens, M. Madeirae e T. molleriana sobre E. obliqua, e T. nubilosa e T. parva sobre E. viminalis.
TA especie illada con máis frecuencia foi T. nubilosa, seguida por T. parva e T. molleriana. Estes tres fungos causaron os niveis máis altos de severidade da enfermidade.

Palabras Chave: Eucalyptus globulus, ITS, manchas foliares, análise filoxenética, Teratosphaeria nubilosa.