Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Camelia » Aula Didáctica


Dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro preténdese dar a coñecer os cultivares da colección da Deputación a todos os concellos da provincia, promovendo a creación de rutas polos xardíns que constitúen verdadeiras Aulas Didácticas para nenos. Nestes xardíns poderán estudar non soamente a camelia como tal, senón utilizala como un vehículo para coñecer o mundo vexetal e valorar o noso patrimonio natural. Neste sentido temos a disposición de todos os colexios provinciais unha serie de fichas didácticas e póster para facilitar esta tarefa.