Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Arabis mosaic virus

  DETECCIÓN DE Arabis mosaic virus EN ESPAÑA.

Sntomas de ArMV en acioArabis mosaic virus (ArMV, género Nepovirus, familia Comoviridae) atópase xunto co Entrenó curto infeccioso (GFLV), entre os Nepovirus europeos responsable da Dexeneración infecciosa da vide.

Afecta principalmente aos viñedos de Centroeuropa e non fora citado ata o momento en España. Prevíase que podía aparecer polo norte peninsular debido á asociación deste virus coa viticultura de climas fríos. A primeira detección deste virus realízase no noso país, en Galicia na Denominación de Orixe "Rias Baixas”, no verán de 2007. Foi detectado en dous viñedos da variedade Albariño, que presentaban síntomas de mosaicos, amarelado en follas e corremento nos acios. Tamén foi identificado o seu vector, Xiphinema diversicaudatum (Nematoda: Longidoridae). A segunda detección, realizouse na primavera de 2008, no País Vasco dentro da Denominación de Orixe Rioja, nun viñedo da variedade ‘Tempranillo’, que non presentaba síntomas foliares específicos, pero se vira afectando durante o callado. A epidemioloxía do ArMV está condicionada á presenza do seu vector X. diversicaudatum, nematodo polífago, que pode transmitir o virus a diferentes hóspedes tanto leñosos coma herbáceos.

Esta enfermidade, xunto ás principais viroses da vide, regulásese o seu control no Regulamento Técnico de Control e Certificación de Plantas de Viveiro de Vide (Real Decreto 208/2003 do 21 de febreiro e a Orde APA/ 2474/2006 do 27 de xullo), co obxectivo de seleccionar material vexetal certificado, exento destas importantes viroses.



Síntomas de ArMV en Albariño
Síntomas de ArMV en Albariño
Síntomas de ArMV en Albariño
Síntomas de ArMV en Albariño

X. diversicaudatum cola da femia
X. diversicaudatum cola da femia

X. diversicaudatum cola do macho
X. diversicaudatum cola do macho

X. diversicaudatum parte anterior
X. diversicaudatum parte anterior

X. diversicaudatum detalle do órgano Z na femia
X. diversicaudatum detalle do órgano Z na femia