Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Fusarium Circinatum

  PRESENZA DO FUNGO DE CORENTENA Fusarium Circinatum EN PIÑEIROS EN GALICIA.



Fusarium circinatum é o anamorfo de Cancros resinosos en árbores adultas (Gibberella circinata Niremberg & O´Donnell). Afecta a numerosas especies do xénero Pinus, entre elas Pinus pinaster e Pinus radiata, moi presentes en Galicia. Atópase tanto en planta nova como en árbores adultas, ocasionando o seu enfraquecemento e morte en casos graves. Nas árbores adultas, a enfermidade é coñecida como 'Picth Canker', e caracterízase pola presenza de cancros fortemente resinosos. Este fungo posúe unha capacidade altamente infectiva tanto en tecidos vexetativos como reprodutivos, incluídas as sementes




É un patóxeno fúnxico de corentena incluído na lista A2 de acción da EPPO (European Plant Protection Organization). Ao non estar confirmada a súa presenza na Unión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación emitiu o Real Decreto 637/2006, de 26 de maio, polo que se establece o programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium circinatum.


En Galicia, a primeira detección do fungo é realizada pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro a finais do ano 2004, primeiro sobre planta nova procedente de viveiro, e posteriormente tamén en árbores adultas. Este laboratorio segue os protocolos recomendados no RD 637/2006 para ver as estruturas fúnxicas que o definen: mono e polifiálidas, macro e microconidias, e circinos.


Circinos  
Circinos
Macro e microconidias  
Macro e microconidias
Mono e Polifiálidas 
Mono e Polifiálidas