Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Verde Urbano » Camelia - Patóxenos


 
Patóxeno / Praga Especie/s Parte atacada Síntomas

Cochinillas Chloropulvinaria floccifera
Coccus hesperidium
Ceroplastes sinensis
Planococcus citri
Aspidiotus camelliae
Hemiberlesia rapax
Follas, brotes novos, pólas Presenza de coirazas (diferentes fases de desenvolvemento do insecto, normalmente da femia) sobre os órganos afectados. Presenza de fumaxina sobre a melaza que segregan. Febleza do vexetal.

Pulgóns Aphis gossypii
Toxoptera aurantii
Rebentos novos, follas Recoñécense inicialmente pola presenza das propias colonias do pulgón preferiblemente sobre os brotes en crecemento. Ademais, é común a presenza de formigas en torno ás colonias, así como a instalación de fumaxina. Outro síntoma característico é o enrolamento das follas, pouco frecuente en A. gossypii.
No caso de colonias abundantes, pódese observar clorose das follas e esmorecemento do vexetal .

Trips Heliothrips haemorrhoidalis Follas, pétalos Sobre os órganos afectados aparecen áreas decoloradas de cor chumbo prateado, podendo chegar a deformarse os ápices foliares. Ademais, é característica a presenza de dexeccións, de cor negra sobre as follas.

Gurgullos Otiorrhynchus sulcatus
Cneorrhinus dispar
Follas (adultos), raíces (larvas) Os adultos, de hábitos crepusculares, aliméntanse inicialmente de follas novas e tenras, sobre as que causan un festonado, estendéndose o dano posteriormente ás follas máis desenvolvidas. As larvas aliméntanse das raíces, podendo causar o seu debilitamento e, no caso de planta de viveiro, ata a súa morte por destrución do sistema radicular.

Ácaro do botón floral Cosetacus camelliae Botóns florais A nivel dos botóns florais e capullos, obsérvanse as puntas das escamas necrosadas. Pouco a pouco vaise estendendo a necrose, podendo chegar a secar a totalidade do botón floral, que cae ao chan antes da súa apertura.

Ácaros das follas da camelia Calacarus carinatus (Ácaro púrpura)
Acaphylla steinwedeni (Ácaro naranja)
Tetranychus urticae (Araña roja)
Panonychus ulmi (Araña roja)
Follas As follas aparecen bronceadas e, no caso de poboacións importantes, recubertas dunha especie de pó esbrancuxado constituído en realidade polos exuvios dos ácaros.
Nalgúns casos pode producirse un revirado da folla cara ao envés e unha malformación das marxes da folla.

Murchamento da flor de camelia Ciborinia camelliae Flores Os primeiros síntomas preséntanse como pequenas manchas de cor óxido sobre os pétalos, que se van estendendo e terminan por afectar á súa totalidade, que toman unha consistencia húmida. As flores murchas adoitan caer ao chan (formándose un anel de micelio gris na zona de unión de pétalos e sépalos) aínda que nalgúns casos poden quedar adheridas á planta.
Entre xaneiro e maio pódense observar, ademais, pequenas setas de cor entre beixe e canela baixo a materia orgánica superficial do chan.

Morte súbita do carballo Phytophthora ramorum Follas, brotes, talos e xemas Nas follas aparecen manchas escuras cos bordes difuminados, polo xeral con aneis concéntricos moi patentes. As manchas poden confluir e necrosar totalmente a folla, co que pode chegar a producirse a defoliación da planta.

Mancha prateada da folla Pestalotia güepinii Follas, ramiños, pedúnculos florais Sobre as follas, principalmente no ápice e os bordes do limbo, aparecen manchas grandes de cor marrón que van adquirindo unha tonalidade prateada. Sobre estas manchas aparecen os corpos de fructificación do fungo en forma de pequenos puntos de cor negra, os cales poden aparecer igualmente sobre os ramiños, os pedúnculos e o cáliz das flores.

Negriña ou fumaxina Meliola cemelliae Follas, brotes Desenvolvéndose sobre a melaza que segregan as cochinillas e pulgóns, recubre cunha capa de cor negra os órganos da planta, co que ésta sofre un debilitamento xeralizado.

Antracnose Colletotrichum gloeosporioides Follas, ramiños As puntas dos ramiños sofren un decaimento e unha seca progresiva. Ademais, sobre as follas desenvólvense unhas manchas de cor marrón claro que se van escurecendo paulatinamente a partir das marxes e sobre as que aparecen os corpos fructíferos do fungo, polo xeral en forma de aneis concéntricos de cor laranxa.

Enfermidades da raíz Phytophthora cinnamomi
Armillaria mellea
Rosellinia necatrix
Sistema radicular Sen posuír unha sintomatoloxía característica, as primeiras manifestacións destas patoloxías prodúcense a nivel das follas, que sofren unha clorose máis ou menos evidente e que, conforme se estende, leva a unha defoliación prematura. Ademais, produce unha debilidade xeneralizado da planta.
A nivel das raíces e o colo do vexetal, no caso de P. cinnamomi poden aparecer gretas e necroses de cor marrón. No caso dos outros dous patóxenos, obsérvase un micelio branco baixo a cortiza.

Enfermidade das bugallas foliares Exobasidium camelliae Follas, flores Ao comezo da primavera, o limbo da folla engrosa e enrólase sobre se mesmo. Posteriormente, a deformación toma un aspecto aberrante e unha coloración verde claro anacarada. Tamén as flores poden adquirir un aspecto carnoso, groso, despois de que algúns sépalos e pétalos se desenvolveran de xeito anormal e adquiriran unha tonalidade verde clara con zonas avermelladas.

Virus Follas, flores Sobre as marxes ou a superficie do limbo das follas poden aparecer áreas irregulares de cor branca amarelada que poden aparecer sobre as marxes ou na superficie do limbo.
Nas flores coloreadas (non nas de variedades de flor branca) tamén poden aparecer manchas irregulares que interrompen a coloración xeral. Nalgúns casos a virose pode levar ao esmorecemento da planta.