Especies leñosas (ornamentais, froiteiras e
forestais)
Medidas culturais:
A realización de
achegas de fertilizantes é unha boa práctica para limitar os
ataques da meirande parte das cochinillas
Asegurar unha
ventilación adecuada no entorno das plantas
En casos de forte ataque,
eliminar os órganos moi atacados
Non abusar das
intervencións químicas fronte a outras pragas e/ou enfermidades
co fin de evitar danos sobre o complexo de especies beneficiosas
polífagas (coccinélidos, etc) que poden existir de forma
espontánea nas plantas e que poden diminuír de forma natural as
súas poboacións.
Intervención química:
Aplicar tratamentos químicos dirixidos
ao control das formas xuvenís unha vez confirmada a presenza de
cochinillas. Entre os produtos que se poden aplicar están os aceites de
verán, diazinon, dimetoato, fenitrotion ou malation¹.
¹ Fonte
MAPA.
Observacións:
En
caso dunha aplicación química débese mollar moi ben a
planta co fin de que o producto entre en contacto cos insectos.