UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
![]() |
|||
![]() |
||||
![]() |
Inicio » Análises e Tarifas » Edafoloxía - Análise de Solos |
|
ANÁLISE DE SOLOS A mostraxe do solo para realizar unha análise da súa fertilidade debe ser efectuado polo usuario do Servizo. Deberase prestar especial atención a esta tarefa, posto que o solo é un medio heteroxéneo. Adxúntase (anexo 1) o esquema xeral da mostraxe. i) A norma de partida é a de recoller mostra da capa arable do solo, que será a que recibe a maior parte das emendas ou fertilización e, polo tanto, estará máis modificada polos labores previos. ii) Ademais, a terra analizada debe ser representativa do espazo en que se alimentan as principais raíces do correspondente cultivo; en xeral, os 20 a 30 cm superiores do solo: a capa arable. iii) En ocasións, convén recoller separadamente a capa subsuperficial - entre 30 e 60 cm - para coñecer a aptitude potencial do solo.
¿Qué cantidade de mostra se precisa para a análise? É a consulta máis frecuente no noso laboratorio. Serán suficientes de 500 a 1000 gramos para realizar todas as probas que se efectúan a un solo (anexo 2). Pero insistimos en que esta "mostra para análise" proceda dunha cantidade superior, mesturada "a conciencia" nun colector limpo. Anexo 1. Normas xerais da mostraxe. Tarifas |