Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Servizos » Información sobre as análises » Recollida e envio de mostras para os análies fitopatolóxicos

RECOLLIDA E ENVÍO DE MOSTRAS PARA ANÁLISES FITOPATOLÓXICAS

O principal obxectivo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro é dar un diagnóstico correcto, no menor tempo posible, ás consultas de particulares, cooperativas, agricultores e técnicos. Na actualidade os servizos dispoñibles son:

RECOLLIDA DE MOSTRAS:

A continuación establécense unha serie de normas xerais na recollida e transporte de material vexetal, solos, substratos e turbas para a súa análise:

ENVIO DE MOSTRAS:


1.- Mostras vexetais: :

Cómpre enviar a mostra nas mellores condicións posibles xa que o diagnóstico é case imposible cando as mostras chegan ao laboratorio están murchas ou en avanzado estado de descomposición

Raíces: As raíces recóllense cunha boa cantidade de solo, colócanse en bolsas de plástico e introdúcense en caixas de cartón. Pechar correctamente a caixa para o seu envío.

Follas, flores, xemas, pólas tenras: Débense enviar sen humidade exterior, estendidas no medio de bolsas de papel absorbente ou periódico e protexidas en bolsas plásticas, procurando que non se danen no transporte

Talos e pólas: Poden enviarse de forma similar ás follas e flores. Se son de gran tamaño, pódense cortar en anacos.

Froitos, tubérculos e bulbos: Envólvense en papel de periódico para que absorban a humidade e logo envíanse bolsas plásticas ou caixas de cartón. Recoméndase seleccionar aquelas mostras que só presenten síntomas iniciais da afección, para evitar así o seu deterioro no transporte.

Sementes: Envíanse en bolsas plásticas

Artrópodos: existen dúas maneiras principais para a recollida e envío de mostras de artrópodos: unidas ao substrato (planta ou solo) sobre o que se atopa, nese caso débense introducir en bolsas ou follas de papel e posteriormente en bolsa de plástico, ou separada daquel. Se o artrópodo está vivo, aconséllase introducilo nun recipiente con pechadura hermética (no caso de larvas/ninfas recoméndase engadir un anaco de planta). Se non está vivo, pode simplemente colocarse no interior dun tubo pechado. En calquera caso aconséllase tomar máis dun exemplar. As bolboretas ou trazas, colócanse dentro dun anaco de cartolina dobrada en forma de triángulo. Para evitar confusións, tódalas mostras deben levar a correspondente identificación, que pode ser un número ou un nome, coa súa equivalencia ou explicación nunha folla aparte.

2.- Mostras de solo:

Recóllese aproximadamente 1 quilo de solo, turba, substratos, etc. en varios puntos ao redor da planta e colócase nunha bolsa de plástico debidamente pechada.

Ademais da mostra débese incluír toda a información dispoñible que poida facilitar o diagnóstico: as características do dano da praga ou enfermidade, a forma na que se presenta ou como evolucionou no campo, así como a temperatura, humidade relativa e demais condicións de clima no lugar da plantación afectada, as características do solo, as prácticas de cultivo e os diferentes produtos químicos que apliquen.

Unha vez incluída esta información, envíe as mostras a:

Estación Fitopatolóxica do Areeiro
Subida a la Robleda s/n 36153 Pontevedra (España)