Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

20/03/2009

VIÑA
Mildeu:

Plasmopara vitícola - Maduración da oosporaNestes momentos xa se produciu a maduración da oospora en todas as comarcas vitivinícolas da provincia de Pontevedra. Aínda así, non é necesario tratar, posto que non se rexistraron as condicións necesarias para que as infeccións teñan lugar.




MACEIRA
Pulgón laníxero:

Ataque de pulgón laníxero ao inicio da agromaciónVimos xa as primeiras colonias deste perigoso áfido nalgunhas árbores. As colonias detectadas non estaban parasitadas, e de feito o parasitoide adoita actuar con temperaturas algo superiores. Non existe ningún insecticida rexistrado especificamente para o control deste pulgón; no caso de ter que intervir, tería que conseguir calquera outro rexistrado en maceira, asegurándose de tratar a alta presión e de mollar ben a madeira.


Carpocapsa pomonella:

Nos puntos de seguimento que instalaramos a finais do verán para comprobar cando se producía a emerxencia de adultos en primavera, aínda non se detectaron os primeiros nacementos. Aínda non é necesario tratar fronte a esta praga.


CARBALLO
Altica quercetorum:

Débese vixiar o agromado dos carballos para detectar o ataque precoz deste crisomélido defoliador. No anterior período vexetativo, as súas poboacións foron bastante elevadas no verán nalgúns lugares, sen dúbida a consecuencia dun ataque primaveral non controlado. Consecuentemente, se se aprecian os danos cómpre tratar empregando un dos dous insecticidas rexistrados: deltametrin ou flufenoxuron.