Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

13/04/2009

VIÑA
Mildeu:

A previsión meteorolóxica anuncia tempo inestable para os próximos días, con precipitacións en forma de chuvascos e temperaturas relativamente baixas. Polo xeral, as precipitacións alternando con períodos secos favorecen o mildeu, motivo polo que se debe poñer máis atención á aparición deste patóxeno.


VARIOS CULTIVOS
Danos por sarabia e xeadas:

Nos días pasados, algunhas zonas de Galicia sufriron fortes xeadas que provocaron queimaduras nos gromos. Tamén na última semana houbo, localmente, sarabia de certa intensidade noutras zonas. Debido a que nestes momentos os gromos son moi tenros, cómpre aplicar un tratamento con captan naquelas zonas nas que se observen danos por estes fenómenos meteorolóxicos.


KIWI
Pseudomonas syringae:

Nestes momentos, nos que está moi próxima a floración, cómpre comprobar se os botóns florais, follas, etc. presentan manchas e/ou necrose. Se é así poderían ser debidas a esta bacteria, o cal é necesario confirmar mediante análise. No caso afirmativo, recoméndase aplicar un tratamento cun produto a base de cobre (tamén pode aplicarse preventivamente).


CARBALLO
Altica quercetorum:

Temos constancia de que, polo menos en certas zonas de Lugo e Ourense, xa se están a producir ataques de Altica quercetorum (no aviso do día 20 de marzo xa indicaramos a posibilidade de que aparecesen danos). Os produtos rexistrados para o control desta praga en España son deltametrin e flufenoxuron, que deben ser aplicados asegurando unha boa cobertura da vexetación.

CAMELIA
Pulgóns:

Xa se detectaron as primeiras colonias nos gromos. Se se constata a presenza destes insectos, aconséllase aplicar un insecticida a base de imidacloprid, cipermetrin, deltametrin ou tau-fluvalinato, produtos todos eles recomendados polo Ministerio.