Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

23/04/2009

VIÑA
Mildeu:Ver Fotos

Mancha de aceite sobre haz de hojaComo publicamos onte, detectáronse as primeiras manchas de mildeu sobre a variedade Albariño. Foron atopadas na nosa parcela de seguimento do Rosal, e eran sumamente incipientes, coa esporulación iniciándose. A previsión meteorolóxica anuncia precipitacións para os vindeiros días, polo que cómpre tratar o antes posible.

Oidio:Ver Fotos

Aínda é cedo para que aparezan os primeiros signos desta enfermidade, polo que non é necesario iniciar os tratamentos

Trazas:Ver Fotos

Machos de Lobesia en trampaEstamos a capturar, nas trampas de feromona instaladas nas nosas parcelas de seguimento, un elevado número de machos de Lobesia botrana (con valores máis frecuentes ao redor de 30-40 individuos pero acadando os 129 nunha parcela). Tamén as poboacións de Eupoecilia (Clysia) ambigüella están a ser bastante elevadas fronte a anos anteriores (ata 30 capturas nunha trampa). En calquera caso, ata o de agora non hai síntomas da súa actividade, polo que non é necesaria a aplicación de ningún tratamento insecticida no viñedo.

Ácaros:Ver Fotos

Machos de Lobesia en trampaDebido á climatoloxía desta primavera, e máis concretamente ás temperaturas frías das últimas semanas, algunhas das follas máis novas da vide parecen ter síntomas de ácaros. Porén, nin nas mostras recibidas na Estación nin nas recollidas nas nosas parcelas de seguimento apareceron aínda individuos (nin de araña vermella nin de acariose), polo que antes de aplicar calquera tratamento acaricida debe confirmarse que efectivamente o síntoma se debe á presenza destes animais.

MACEIRA
Cydia pomonella:Ver Fotos

Machos capturadosIniciouse o voo desta especie en todas as comarcas. As capturas, ademais, superan o limiar de tolerancia, polo que é necesario iniciar os tratamentos.