Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

04/06/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Condado e Rosal: callado
Salnés e Soutomaior: floración (final)-callado
Mildeu:Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Síntoma de Mildeu: Esporulación no revés da follaO estado fenolóxico actual da viña é moi sensible AO MILDEU e as condicións ambientais actuais, moi favorables á enfermidade. Así, apareceron numerosas manchas esporuladas nas plantas control (sen tratamento ningún) e tamén algunha máis illada en parte das nosas parcelas de seguimento, sobre todo na zona de Castrelo (O Salnés). Recoméndase renovar os tratamentos no caso de que se observen novas manchas, mesmo aínda que non concluíse o período de protección teórico dunha intervención anterior.

Oidio:Ver Fotos

Uncinula necator - Oídio, Primeiros síntomas en follaComo anunciabamos no aviso anterior, apareceron os primeiros síntomas da enfermidade en folla, debido con toda probabilidade ás néboas destes días. Cómpre tratar.





Black-Rot: Ver Fotos

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosObservouse un incremento dos síntomas desta enfermidade na zona de O Condado. Os produtos rexistrados no seu control son, en esencia, os anti mildeu, polo que unha boa estratexia antimildeu debería limitar os danos causados por esta outra enfermidade.




Trazas:Ver Fotos

Trazas do acio  - gloméruloAs capturas de machos nas trampas situáronse entre 4 e 7 nas nosas parcelas de seguimento. Do mesmo xeito, incrementouse a presenza de glomérulos, pero polo momento non é necesario tratar.




Ácaros:Ver Fotos

Síntoma inicial de acarioseComo agardabamos, nesta semana víronse as primeiras poboacións de acariose (Calepitrimerus vitis) pero en plantas control da bisbarra de O Condado. Aínda así, non se deben aplicar tratamentos acaricidas xeneralizados, senón só no caso de que se detecten poboacións ou que existan síntomas confirmados.



Altica:Ver Fotos

Larvas L3 alimentándose de follaLarva L3 alimentándose de acioNesta semana viuse un novo aumento nas poboacións larvarias deste insecto na nosa parcela de seguimento de Condado. Vixiar a posible presenza do síntoma característico da súa alimentación.




MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Volveron observarse síntomas nas plantas que se manteñen sen tratamentos a xeito de control. As condicións ambientais destes días son altamente favorables ao patóxeno, polo que se recomenda extremar a vixilancia e tratar se se atopan as típicas manchas da enfermidade.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Informáronnos de capturas de machos bastante elevadas nalgunhas trampas. No caso de concluír o período de protección do tratamento anterior, debe renovarse para evitar a entrada de eirugas no froito.




Pulgóns:Ver Fotos

Pulgón cincento - Colonia no envés da folla Nesta campaña as colonias de pulgóns aparecen de forma continuada nas árbores froiteiras. No caso da maceira, volvéronse observar novas poboacións de pulgón cinsento nos brotes, polo que cómpre tratar para evitar deformacións no froito.