Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

12/06/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Callado
Mildeu:Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Síntomas incipientes en folla O risco de infección secundaria logo da climatoloxía dos días pasados é elevado, e de feito apareceron novas manchas de aceite nas plantas control sen tratamento. A previsión meteorolóxica anuncia tempo só relativamente estable para a próxima semana. Debido á elevada sensibilidade do viñedo nestes momentos recoméndase un máximo nivel de vixilancia, e tratar de inmediato en caso de que aparezan novos síntomas.



Oídio:Ver Fotos

Uncinula necator - Oídio, Primeiros síntomas en follaCoas precipitacións constantes e relativamente fortes destes días, a presenza de oídio non se incrementou. Porén, a viña atópase nun momento de máxima sensibilidade á enfermidade, polo que cómpre manter un nivel de vixilancia máximo.




Botrite:Ver Fotos

As chuvias destes días coincidindo co final da floración provocaron que moitos capuchóns florais quedasen adheridos aos grans e non se desprendesen. Sobre estes restos pode instalarse botrite en condicións húmidas, polo que polo menos en variedades moi sensibles (Treixadura, Godello..) cómpre aplicar un tratamento preventivo nestes momentos, dirixido basicamente aos acios.



Trazas:Ver Fotos

Nesta semana practicamente non houbo capturas nas trampas de feromona. Non é necesario tratar.

Ácaros:Ver Fotos

Femia de Panonychus ulmiNesta semana atopamos as primeiras formas móbiles de araña vermella Panonychus ulmi en mostras recibidas na Estación procedentes da comarca do Salnés. Polo momento, nin sequera se acada o 2% de follas ocupadas, polo que non é necesario tratar, pero debemos prestar atención ao ascenso de temperaturas, que favorece as súas poboacións.



MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

As condicións climáticas destes días foron favorables ás infeccións debidas a este fungo. Recoméndase manter as plantas protexidas para evitar danos ao froito..

Oídio :Ver Fotos

Volveron observarse síntomas deste patóxeno en gromos terminais de maceira. Porén, ata o de agora a súa presenza é practicamente puntual e restrinxida só a algunhas plantacións.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Só se capturou un adulto nas trampas de feromonas que temos instaladas nas nosas parcelas de seguimento. En xeral non é necesario tratar, pero se non se efectúan seguimentos específicos cómpre manter as plantas protexidas, debido a que pode existir certa variabilidade segundo as zonas.

CASTIÑEIRO
Pammene fasciana:Ver Fotos

Pammene fasciana - Adulto en trampa de feromonaRexistramos as primeiras capturas desta praga da castaña nas trampas de feromonas.