Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

09/07/2009

VIÑA Estado feonolóxico: Grans tamaño chícharo-peche do acio
Mildeu:Ver Fotos

A situación dos viñedos mellorou sensiblemente con relación ás semanas anteriores, e de feito nin sequera aparecen novos síntomas nas plantas que se manteñen sen tratamentos na campaña. Aínda así, é evidente que tras as últimas infeccións, moitos viñedos aparecen con acios afectados. De permanecer os ventos do Norte, a situación mellorará aínda máis, pero cómpre manter o máximo nivel de vixilancia porque calquera cambio na climatoloxía dará lugar sen dúbida á aparición de novos síntomas.

Oidio:Ver Fotos

Nesta semana tampouco se observaron novos síntomas. Aínda así, a viña está a entrar no estado fenoloxía "peche do acio", moi sensible a esta enfermidade, e polo tanto haberá que incrementar a vixilancia.


Black-Rot: Ver Fotos

Mellorou de forma significativa a situación da nosa parcela de seguimento do Condado, situación sen dúbida favorecida polo cambio nas condicións climáticas. Tampouco nas plantas control se observan novos signos da enfermidade. Ver Ficha



Trazas:Ver Fotos

Lobesia botrana - Penetración de couza do acioContinúan baixas as capturas de machos de trazas nas trampas. Porén, comezan a observarse os primeiros indicios de actividade larvaria. Deberase incrementar a vixilancia pero polo momento non tratar.





Mosquito verdee outros cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Adulto de Zygina rhamni no revés Volveu incrementarse o nivel de capturas nas trampas, especialmente Zygina rhamni, especie da que tamén se atopan máis ninfas en follas. Vixiar a evolución das poboacións.





Ácaros:Ver Fotos

Calepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseComezan a observarse novamente picaduras de alimentación de ácaros nas plantas que se manteñen sen tratamentos en todas as comarcas. Prevese un aumento das temperaturas, o que obrigará a elevar o nivel de atención debido a que estes animais se desenvolven mellor en condicións de tempo cálido e seco.





Enfermidades da Madeira:Ver Fotos

Complexo eutypa e complexo yesca - Síntomas en vexetaciónComo é habitual nestas datas, empezan a observarse plantas con síntomas que apuntan á presenza dalgunha enfermidade da madeira. Como sempre, insistimos en que cómpre ir marcando estas plantas para poder diferencialas das demais no momento de tomar as medidas oportunas.





MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

En xeral, non se observan nesta semana síntomas da enfermidade, nin sequera nas variedades máis sensibles.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Non tivemos nesta semana capturas de adultos en ningunha das trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento. Porén, as condicións ambientais previstas son favorables ao desenvolvemento da praga, polo que se debe vixiar a aparición de penetracións larvarias no froito, ou tratar se non se efectúa un seguimento específico.


Araña vermella :Ver Fotos

Recórdase que se se realizou algún tratamento para reducir as poboacións deste ácaro, cómpre confirmar a súa eficacia, posto que recibimos mostras de plantas que foran tratadas e onde non se eliminara a poboación nociva. Ademais, a climatoloxía prevista favorece a súa proliferación.


VARIOS CULTIVOS
Pulgóns:

Colonia de Toxoptera aurantii en gromo de limoeiroVolven aparecer colonias de diferentes especies de pulgón en cultivos diversos, tanto en froiteiras como en hortícolas e ornamentais. As temperaturas elevadas favorecen a súa instalación e desenvolvemento, co que se se observan, cómpre tratar o antes posible.