Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

23/07/2009

VIÑA Estado feonolóxico: Peche do acio
Mildeu:Ver Fotos

Unha semana máis con días de climatoloxía inestable implica a necesidade de tratar en canto cesen as precipitacións para evitar danos ao acio. Aínda que o viñedo se atope dentro do período de protección teórico da intervención anterior, hai que considerar que as chuvias que se produciron foron suficientes para lavar os funxicidas de contacto e para reducir o período de cobertura dos penetrantes. Ademais, debido á elevada humidade ambiental, recoméndase novamente eliminar o exceso de vexetación no ámbito dos acios mediante esfollado e realizar poda en verde se o agromado dificulta a aireación das uvas.


Oidio:Ver Fotos

O risco de ataque ao acio deste patóxeno xa non é elevado.


Botrite: Ver Fotos

Nesta semana vimos os primeiros grans afectados por botrite. Como anunciaramos no aviso anterior, o fungo nstalouse nas roturas da pel consecuencia do grave brote de mildeu que sufrimos en semanas anteriores, e se viu favorecido polas condicións climáticas (calor e elevada humidade). Cómpre tratar, dirixindo o tratamento aos acios.





Trazas:Ver Fotos

Segue a ser baixo o nivel de capturas nas trampas, e non se observan máis que moi puntualmente ovos ou penetracións larvarias. Non é necesario tratar.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Nesta semana volveu observarse un incremento no número de capturas nas trampas, neste caso de Zygina rhamni e tamén de Empoasca vitis. Aínda así, polo momento non é necesario tratar.


Ácaros:Ver Fotos

Non volveron observarse nesta semana síntomas do ataque de ácaros, nin tampouco se atoparon poboacións nas mostraxes de follas. Non é necesario tratar.


Enfermidades da Madeira:Ver Fotos

Complexo eutypa e complexo yesca - Síntomas en vexetaciónRecórdase a conveniencia de marcar as plantas con síntomas que apuntan a algunha enfermidade da madeira para poder diferencialas das demais no momento de tomar as medidas oportunas.





MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Froito con síntomas de moteadoSe ben non se atoparon novos síntomas, cando cesen as precipitacións haberá que renovar os tratamentos para protexer os froitos en desenvolvemento.





Cydia pomonella:Ver Fotos

Non tivemos capturas nas trampas de feromona instaladas nas nosas parcelas de seguimento. En calquera caso, convén vixiar a potencial aparición de penetracións larvarias nos froitos.


Araña vermella:Ver Fotos

As condicións climáticas non foron favorables estes días ao desenvolvemento deste ácaro.


CARBALLO
Altica quercetorum:Ver Fotos

Segundo nos informaron, estanse a observar en diferentes zonas de Galicia ataques deste coleóptero defoliador. É necesario recordar que os únicos fitosanitarios recomendados polo Ministerio para o control destes insectos en carballo son deltametrin (controla adultos e larvas) e flufenoxuron (fronte a larvas).


PIÑEIRO
Procesionaria:Ver Fotos

Thaumetopoea pytiocampa (procesionaria) - Procesionaria en trampa de feromona Segundo as trampas que temos instaladas nos piñeirais, nesta semana iniciouse o voo do lepidóptero (máximo nivel de capturas: nove machos).