Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

13/08/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Envero
Mildeu:Ver Fotos

Coa chegada do bo tempo e as temperaturas elevadas destes días, as manchas de mildeu que apareceron a semana anterior nos gromos novos non evolucionaron. Mesmo en plantas que se manteñen sen tratamento en toda a campaña a infección está controlada e non existe esporulación. Polo tanto, mentres se manteña esta situación climática o nivel de risco é moi baixo, mais considerando que no envero (ata o de agora non xeneralizado) os acios xa non se ven afectados pola enfermidade.


Oidio:Ver Fotos

No envero o fungo xa non afecta aos acios e só poden aparecer síntomas nos acios denominados "netos" e tamén nalgunhas follas de parcelas que anteriormente presentasen ataques.


Botrite: Ver Fotos

As condicións secas destes días, que se prevé continúen de cara á semana próxima, non favoreceron a aparición de novos síntomas. Non obstante, sabemos que na fase envero-maduración esta enfermidade pode ter grande influencia sobre a colleita, polo que se aconsella manter a vixilancia, en especial naquelas viñas en que exista calquera tipo de lesión nos grans.


Trazas:Ver Fotos

Granos atacados por larva de polillaRepítese a situación observada na semana anterior no taocante ao nivel de capturas nas trampas, pero novamente observouse un incremento na presenza de penetracións larvarias que debe ser vixiado, non só polos danos directos que representan estas lesións senón tamén pola súa incidencia sobre a botrite.



Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Hembra de Scaphoideus titanusOs tratamentos que se aplicaron naquelas parcelas en que se acadara o limiar resultaron moi efectivos, reducíndose practicamente a niveis case inexistentes as poboacións de cicadélidos. No tocante a Scaphoideus titanus, non capturamos novos individuos nesta semana, pero debe manterse a vixilancia.




Ácaros:Ver Fotos

Nesta semana non observamos máis síntomas nin encontramos poboacións nas mostraxes de follas. Tampouco en mostras recibidas na Estación vimos indicios da presenza de ácaros. Manter a vixilancia e non tratar sen confirmar a súa presenza na viña.


MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoA pesar da climatoloxía destes días na maioría das bisbarras, na parcela de seguimento de Lalín rexístranse orballos relativamente intensos que favoreceron a aparición de novos síntomas nas follas terminais. Por este motivo decidimos renovar o tratamento, e o mesmo debe facerse noutros terreos cunha situación similar. En caso de realizarse tal intervención débese poñer atención ao prazo de seguridade da funxicida escollida nas variedades de recolección máis temperá.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Capturas de machos de Carpocapsa pomonella en una semanaCapturáronse adultos abondo nas trampas como para xustificar un novo tratamento para evitar danos ao froito (cómpre escoller insecticidas de reducido prazo de seguridade nas variedades temperás).





Pulgón laníxero:Ver Fotos

Eriosoma lanigerum -  Pulgon Lanigero parasitadoContinúa a observarse un incremento no nivel de parasitismo por Aphelinus mali, polo que non se debe tratar con insecticidas se se observa actividade do parasitoide.





Araña vermella:Ver Fotos

As condicións ambientais desta semana foron favorables ao desenvolvemento da araña vermella e non obstante non se notou un incremento de poboacións, en xeral. Manter a vixilancia, e recordar que se debe de confirmar a presenza do ácaro antes de aplicar calquera tratamento.